rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Voces de Atlántica

Voces de Atlántica

Textos:  David Barro, Carme Vidal, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xosé Freixanes, Antón Goyanes, Armando Guerra, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, César Otero, Antón Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesús Vázquez, Xosé Vivián

Data de publicación: 
17 xuño 2005
ISBN: 
84-934364-1-0
Prezo: 
30€

O libro "Voces de Atlántica" ten a súa orixe nunha das exposicións inaugurais do MARCO, titulada "Atlántica 1980-86", que ocupou as salas de exposición do primeiro andar desde o 15 de novembro de 2002 ata o 30 de marzo de 2003. Inclúe un texto de presentación sobre o contexto histórico-artístico de Atlántica, a cargo de David Barro e Carme Vidal, entrevistas a 21 dos artistas participantes nas exposicións de Atlántica, textos individualizados sobre cada un dos artistas falecidos de Atlántica, a cargo de David Barro. Testemuñas e percorrido pola obra destes artistas que participaron nas exposicións de Atlántica, recuperando partes de entrevistas e memorias das persoas máis achegadas.