
ARTISTAS, MECENAS E INSTITUCIÓNS. Do clasicismo á contemporaneidade
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares, coa colaboración de ponentes invitados
CONTIDOS:
Co curso ‘Artistas, mecenas e institucións. Do clasicismo á contemporaneidade’, o MARCO continúa o seu labor de divulgación e coñecemento da historia da arte e das prácticas artísticas, nesta ocasión dende un prisma diferente ao habitual, no que a análise histórico-estilística dá paso a unha orientación de carácter máis sociolóxico. Así, a través de 23 sesións temáticas e monográficas, este programa traza un percorrido pola historia da arte dende o Renacemento ata a actualidade, cuxo fío condutor non é tanto a análise formal e estilística, como a problemática que rodea o acto creativo, e especialmente a súa relación co poder e as institucións. Visións transversais da historia da arte que permiten establecen comparacións e paralelismos entre artistas moi distantes no tempo e no espazo. Tal como está concibido, no curso teñen cabida creadores do Renacemento, do Barroco, das vangardas históricas do século XX, e da arte actual, que malia vivir en ámbitos tan diferentes comparten actitudes vitais e circunstancias. Os conceptos fundamentais en torno aos que xira o curso son a orixe e evolución dos conceptos de arte e artista, o reflexo do carácter persoal sobre a obra, o nacemento do mecenado, a súa orixe e evolución, ou a relación ambivalente entre artistas e institucións, xunto con outros temas sobre o mercado da arte e os espazos de exhibición. En torno a este conxunto de ideas, o propósito deste programa é debuxar unha rede de conexións e relacións entre figuras e obras especialmente relevantes ao longo de varios séculos de historia.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do 10 de setembro
Prezo de matrícula
• 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
• Desconto especial por inscrición en 2 cursos: 10% do prezo de matrícula (30% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO) • Desconto especial por inscrición en 3 cursos: 20% do prezo de matrícula (40% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO)
Para este curso, e no marco do convenio asinado pola Universidade de Vigo e a Fundación MARCO, está autorizado o recoñecemento de 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS para alumnado da Universidade de Vigo.
NOTA: durante a tempada 2013-14, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes martes: 24 e 31 de decembro, 7 de xaneiro, 18 de febreiro, 15 de abril.
CALENDARIO Y PROGRAMA
Sesión 1 (martes 22 outubro)
Orixe e evolución dos conceptos de arte e artista.
Sesión 2 (martes 29 outubro)
A obra como elemento clave da personalidade e do carácter do artista.
Sesións 3, 4 e 5 (martes 5, 12 e 19 novembro)
Xenio, locura e melancolía na orixe da creación artística.
Sesións 6 e 7 (martes 26 novembro e 3 decembro)
Entre a supervivencia e a fama.
Sesión 8 (martes 10 decembro)
Artistas e clientes, unha relación dinámica. A aparición do mecenado, a súa evolución e a súa influencia na creación artística.
Sesión 9 (martes 17 decembro)
Roma, o Papado e os artistas na Italia do Cinquecento Sesión 10 (martes 14 xaneiro)
A escola veneciana do XVI. A pintura entendida como alegría de vivir.
Sesión 11 (martes 21 xaneiro)
A corte do Barroco español. Artistas e cortesáns no século XX.
Sesión 12 (martes 28 xaneiro)
Novos mecenados. Coleccionistas e galeristas do século XX.
Sesións 13 e 14 (martes 11 e 25 febreiro)
Artistas protexidos polas institucións: do século XVII á arte actual.
Sesión 15 (martes 4 marzo)
Artistas á marxe das institucións: entre o conflito e a invisibilidade.
Sesións 16 e 17 (martes 11 e 18 marzo)
Ideoloxía política e arte. A arte como medio para o cambio social.
Sesión 18 (martes 25 marzo)
A aparición do museo e a súa evolución: da esfera privada á pública. Os grandes contedores da arte clásica.
Sesión 19 (martes 1 abril)
O século XX: novos espazos e novos conceptos expositivos. O contexto español.
Sesión 20 (martes 8 abril)
A arte sae de compras: TEFAF, ARCO, Art Basel, Frieze, como exemplos de grandes feiras.
Sesión 21 (martes 22 abril)
Mercado da arte e estratexias de marketing.
Sesións 22 (martes 29 abril)
Feiras de Arte
Maribel López. Dirección comercial e programas comisariados. ARCO/IFEMA, Madrid
Sesión 23 (martes, 6 de maio)
Arte, galerías de arte e coleccionismo.
Guillermo Romero. Director Galería Parra & Romero, Madrid
Sesión 24 e 25 (martes 13 e 20 de maio)
A arte: prezo ou valor?. O monopolio das casas de subastas. Medios e soportes de difícil valoración: fotografía, vídeo e performance.
NOTA. Tanto o programa xeral como as sesións a cargo de relatores invitados poden sufrir variacións nas súas datas e contidos, en función da dispoñibilidade dos relatores e do propio desenvolvemento do curso.