rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Beatriz Herráez


Beatriz Herráez é historiadora da arte e comisaria. O seu ámbito de investigación inclúe a construción de relatos historiográficos vinculados coas linguaxes da arte contemporánea e a teoría feminista. Entre as súas exposicións recentes atópase a mostra Arenzana, Imaz, Intxausti, Montón, Peral, comisariada xunto a Peio Aguirre no CCI Tabakalera de Donostia-San Sebastián (2016); e o co-comisariado de Mínima Resistencia. Entre el tardomodernismo y la globalización: prácticas artísticas durante las décadas de los 80 y 90, no Museo Reina Sofía MNCARS, Madrid (2013-2014). Foi comisaria de mostras individuais de artistas como Susan Hiller, Néstor Sanmiguel Diest ou Juan Luis Moraza. Na actualidade traballa coa artista Erlea Maneros Zabala nunha exposición que será presentada o mes de abril no MNCARS.

Dende 2014 é membro do Consello Vasco da Cultura do Goberno Vasco; entre 2011 e 2014 foi membro da Comisión Técnica do programa Eremuak; e entre os anos 2007 e 2011 ocupou o cargo de comisaria-xefe do Centro Cultural Montehermoso Kulturunea en Vitoria-Gasteiz, un proxecto de arte contemporánea que incorporaba de xeito transversal o pensamento feminista aos seus programas.