rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Cada moucho na súa oliveira. OBRADOIRO PARA PÚBLICO INFANTIL

Cada moucho na súa oliveira. OBRADOIRO PARA PÚBLICO INFANTIL

Datas: 
18 novembro 2023
Horario: 
de 11.00 a 12.30
Lugar: 
Salas de exposición e Espazo Anexo
Prezo: 
Gratuíto. Previa inscrición en recepcion@marcovigo.com

En torno á exposición Cando remata o día, de CONCHA MARTÍNEZ BARRETO
Conducido por Maria Xosé Martínez (Didáctica MARCO)
Participantes: público infantil de 3 a 6 anos. Máximo 25 participantes

Na nosa visita ás salas da exposición de Concha Martínez Barreto, descubrimos varios tipos de refuxios para persoas e animais. Por exemplo, niños de andoriñas! Onde vimos outros similares? Observamos exemplos de distintos tipos de niños de aves e fixámonos nas súas diferenzas respecto a tamaño, material, habitantes, localización... A continuación, no taller, traballaremos con varios tipos de materiais para idear e construír o noso niño-refuxio para un animal alado, que pode ser real ou imaxinario.

MARCO 21º ANIVERSARIO
Programación especial de actividades

Cada 13 de novembro, o MARCO cumpre anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo deste Aniversario, o Museo ofrece unha programación especial durante a fin de semana do 17 ao 19 de novembro: obradoiros de arquitectura para público infantil e familiar, actividades do Festival Vertixe, unha nova sesión do ciclo de cinema "Unha ponte coa lusofonía", e propostas para público infantil e adulto en torno á exposición de Concha Martínez Barreto. Ademais, a celebración prolóngase ata a última semana do mes, concretamente o 28 de novembro, coa visita de Marcos Giralt Torrente, protagonista da charla-encontro arredor da súa obra literaria e da figura do seu pai, o pintor Juan Giralt.