rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Catalina Lozano

Catalina Lozano (Bogotá, 1979) é comisaria e investigadora. Realizou estudos de Historia (Universidad Nacional de Colombia), e Culturas Visuais (Goldsmiths College, London University), e sobre Teorías e prácticas da linguaxe e as artes na École des Hautes Études en Sciences Sociales (EHESS) de París. A súa práctica centrouse cada vez máis nos relatos menores e na revisión contemporánea de discursos históricos dominantes. Algúns dos seus proxectos máis recentes son La puerta hacia lo invisible debe ser visible, Casa del Lago, México DF (2012); ¿Tierra de nadie?, Centro Cultural Montehermoso, Vitoria- Gasteiz (2011); e Everything has a name, or the potential to be named (co-comisariado con Anna Colin), Gasworks, Londres (2009). Entre 2008 e 2010 foi responsable do programa de residencias de Gasworks (Londres). É cofundadora de de_sitio, unha plataforma para proxectos de arte contemporánea en Cidade de México.