rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Clausurada con gran éxito a mostra de Manuel Quintana Martelo en Sala Rekalde (Bilbao)

Clausurada con gran éxito a mostra de Manuel Quintana Martelo en Sala Rekalde (Bilbao)

Datas: 
12 marzo 2022 - 3 xullo 2022

MANUEL QUINTANA MARTELO. Containers, 2012-2021

ITINERANCIA
11 marzo – 3 xullo 2022
Sala Rekalde (Bilbao, Diputación Foral de Bizkaia)

8 novembro 2021 – 27 febreiro 2022
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisariado: Juan Manuel Bonet
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Dentro do programa de itinerancias do MARCO e a súa vontade de difusión das mostras de produción propia dende Galicia a outras sedes, a exposición Containers, de Manuel Quintana Martelo, comezou un novo período en Sala Rekalde (Bilbao), onde se clausurou o pasado 3 de xullo.

Durante a súa estadía en Bilbao, a mostra, producida polo MARCO e comisariada por Juan Manuel Bonet, obtivo unha ampla resposta dende o punto de vista cuantitativo –12.518 visitantes pasaron polas súas salas durante as 16 semanas de apertura– e cualitativo, coa organización de numerosas actividades paralelas e unha resposta moi positiva por parte do público. A exposición reúne pintura de gran formato, debuxos e acuarelas da serie Containers, na que o artista leva traballando dende 2012.

Especialmente satisfactoria, en palabras dos seus responsables, foi a colaboración entre a Sala Rekalde e o MARCO de Vigo, dous espazos de referencia na arte contemporánea, aliados mediante un acordo de colaboración e intercambio de proxectos, como a mostra de Quintana Martelo e a de Idoia Montón, que actualmente se exhibe no MARCO.