
CURSO ARTE. A evolución do proceso creativo. De Miguel Angel a Jean-Michel Basquiat
As sesións pendentes do curso de arte “A evolución do proceso creativo. De Miguel Ángel a Basquiat” retomaranse a partir do 1 de outubro.
[HISTORIA DA ARTE]
A evolución do proceso creativo. De Miguel Angel a Jean-Michel Basquiat
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Total número sesións: 24
PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 17 de setembro
Prezo: 190€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pagamento fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
RESUMO / PRESENTACIÓN
Hoxe máis que nunca, o mundo da creación artística vive inmerso nunha sucesión acelerada e imparable de tendencias e artistas cuxo coñecemento é imprescindible para comprender a arte do noso tempo. Pero non é menos certo que neste proceso parece necesaria unha reflexión e valoración sobre a propia historia da arte e as súas fontes clásicas, máis presentes na arte actual do que unha lectura superficial podería dar a entender. Esta é a liña sobre a que se articula este curso. O obxectivo non é só reivindicar a importancia dunha serie de artistas —a partir do Renacemento— cuxas personalidades creativas marcaron os seus diferentes contextos cronolóxicos e estilísticos, senón tamén constatar a súa influencia sobre a creación máis contemporánea, da que son referencias constantes e incuestionables.