DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO 2015. Programación especial no MARCO
Datas:
15 maio 2015 - 17 maio 2015
Horario:
venres a domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00.
Lugar:
Todos os espazos do MARCO
Prezo:
Entrada libre e gratuíta Unha vez máis, o MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do 16 e 17 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, xunto coas exposicións que nesas datas se exhiben en salas.
Na programación da fin de semana DIM destaca o ciclo MARCO Escena, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, ademais doutras actividades específicas —obradoiro de scrapbooking na Biblioteca-Centro de documentación, programación do Laboratorio das Artes, visitas guiadas— para público infantil e adulto.
Descarga: