
Do cine clásico ao cine moderno (1950-1980)
DERIVAS DA MODERNIDADE: Do cine clásico ao cine moderno (1950-1980)
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: José Manuel López, coa colaboración de relatores invitados nalgunhas das sesións
Nº sesións: 23 (descontando festivos e outros eventos)
Resumo contidos:
A través de sesións temáticas e outras monográficas, preséntase un panorama xeral da revolución que os novos cines dos anos sesenta —sen esquecer as súas institucións nos cincuenta e os seus ecos nos setenta— orixinaron no modelo narrativo-clásico. Unha revolución que marcou o inicio da modernidade. Non obstante, lonxe da opinión de que a modernidade sería unha especie de superación ou actualización do clasicismo, o curso trata de defender que non é posible entendelos como dous compartimentos estancos, separados e illados. Ao contrario, modernidade e clasicismo solápanse, contamínanse e aliméntanse entre si, e é imposible entender os achados e revolucións da primeira sen as derivas e fisuras do segundo.
Información práctica:
NOTA: durante a tempada 2012-2013, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes xoves:
1 de novembro, 6 e 27 de decembro, 3 de xaneiro, 28 de marzo
Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do 18 de setembro
Prezo de matrícula:
- 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
- Desconto especial por inscrición en 2 cursos: 10% do prezo da matrícula (30% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO)
Para esta edición dos cursos, e no marco do convenio asinado pola Universidade de Vigo e a Fundación MARCO, serán concedidos 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS para alumnado da Universidade de Vigo.
PRESENTACIÓN
Sesión 1 (xoves 25 outubro)
O vello e o novo. O tránsito entre o clasicismo e a modernidade
BLOQUE 1 / Intuicións: primeiras manifestacións da modernidade
Sesión 2 (xoves 8 novembro)
Premodernos? Intuicións da modernidade na década dos cincuenta
Sesión 3 (xoves 15 novembro)
Radicais libres: Robert Bresson
Sesión 4 (xoves 22 novembro)
Radicais libres: Ingmar Bergman
Sesión 5 (xoves 29 novembro)
A ruptura do real: o Neorrealismo italiano
Relator invitado: Suso Novás. Historiador e programador cultural
Sesión 6 (xoves 13 decembro)
Radicais libres: Roberto Rossellini
Sesión 7 (xoves 20 decembro)
Radicais libres: Stanley Kubrick
Sesión 8 (xoves 10 xaneiro)
Postclásicos? Brotes da modernidade nas fisuras do clasicismo
Relator invitado: Carlos Losilla. Crítico de cine e profesor na Universitat Pompeu Fabra, Barcelona
Sesión 9 (xoves 17 xaneiro)
Radicais libres: Orson Welles
Sesión 10 (xoves 24 xaneiro)
Alfred Hitchcock e a Nouvelle Vague
Relator invitado: José Luis Castro de Paz. Historiador e profesor na Universidade de Santiago de Compostela
BLOQUE 2/Eclosións: a chegada da modernidade
Francia
Sesión 11 (xoves 31 xaneiro)
A Nouvelle Vague francesa
Sesión 12 (xoves 7 febreiro)
Jean-Luc Godard
Relator invitado: Paulino Viota. Cineasta e profesor de cine
Sesión 13 (xoves 14 febreiro)
Alain Resnais
Sesión 14 (xoves 21 febreiro)
François Truffaut
Sesións 15 (xoves 28 febreiro)
Eric Rohmer / Jacques Rivette
Relator invitado: Jaime Pena. Programador do CGAI, Centro Galego das Artes da Imaxe
Sesión 16 (xoves 7 marzo)
Agnès Varda
Italia
Sesión 17 (xoves 14 marzo)
Michelangelo Antonioni
Sesión 18 (xoves 21 marzo)
Pier Paolo Pasolini
Sesión 19 (xoves 4 abril)
Federico Fellini
Relator invitado: Alberto Ruiz de Samaniego. Crítico cultural e profesor de Estética e Teoría das artes na Universidade de Vigo
BLOQUE 3 / Ecos da modernidade
Sesión 20 (xoves 11 abril)
Novo Hollywood (I): a modernidade desembarca en Hollywood
Sesión 21 (xoves 18 abril)
Novo Hollywood (II): os ‘Movie brats’ (Spielberg, Coppola, Lucas…) e o nacemento do blockbuster moderno
Sesión 22 (xoves 25 abril)
Martin Scorsese
Sesión 23 (xoves 2 maio)
Francis Ford Coppola
Dentro deste curso, seis sesións (núm. 5, 8, 10, e tres sesións máis por confirmar) estarán a cargo de relatores externos: críticos de cine, profesores e expertos nalgunhas das áreas e autores tratados.
NOTA: tanto o programa xeral como as sesións a cargo de relatores convidados poden sufrir variacións nas súas datas e contidos, en función da dispoñibilidade dos relatores e do propio desenvolvemento do curso.