rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
E TI, COMO O VIVES?. Diálogo interxeracional en colaboración coa ONG Grandes Amigos. [DIM, Día Internacional dos Museos 2020]

E TI, COMO O VIVES?. Diálogo interxeracional en colaboración coa ONG Grandes Amigos. [DIM, Día Internacional dos Museos 2020]

Datas: 
18 maio 2020

Grandes Amigos é unha organización de voluntariado sen ánimo de lucro, que traballa dende 2003 para ofrecer compañía, afecto e amizade ás persoas maiores que senten soidade non desexada.

Con ocasión do Día dos Museos, e mediante a colaboración e complicidade dalgunhas das persoas voluntarias da ONG, poñemos en marcha esta proposta interxeracional mediante videoconferencias gravadas e compartidas despois a través das canles de difusión do MARCO. Un peculiar diálogo no que o eixo son varias preguntas relacionadas coas súas vivencias durante este período de illamento: vivencias que teñen que ver coa percepción e a mirada —sexa dende as fiestras das súas vivendas, ou a través das pantallas/fiestras virtuais abertas ao exterior—, e especialmente relacionadas con actividades culturales e de ocio como resortes de benestar.

Participantes: persoal voluntario da ONG Grandes Amigos, en colaboración co MARCO

Destinatarios: público en xeral