rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Falamos de nós. Programa de obradoiros para público infantil e persoas usuarias de AFAGA

Falamos de nós. Programa de obradoiros para público infantil e persoas usuarias de AFAGA

Datas: 
18 outubro 2022 - 20 decembro 2022
Horario: 
martes de 17.30 a 19.00
Lugar: 
salas de exposición e Espazo Anexo/Laboratorio das Artes

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
En colaboración con AFAGA. Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia
Destinatarios: persoas usuarias de AFAGA e público infantil de 7 a 12 anos

Gratuíto. Imprescindible inscrición.

NOTA: dadas as especiais características deste programa, o número de participantes está limitado a un máximo de 6 nenos/as por sesión.

Fichas inscrición dispoñibles en recepcion.marco@gmail.com o comunicacion@marcovigo.com 

Continuando coa colaboración entre a área de Didáctica do MARCO e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, a partir de mediados de outubro retomamos o programa de obradoiros destinado a persoas maiores afectadas de Alzheimer e a público infantil que participa habitualmente nas actividades didácticas do Museo. A partir deste contacto interxeracional, experimentamos o poder da arte como ferramenta terapéutica, como reflexión individual e grupal, e como vía de socialización.

Nesta tempada, a proposta ten como punto de partida a exposición de FRANCISCO LEIRO, que actualmente se exhibe nos espazos da planta baixa, e as mostras colectivas programadas para este trimestre nas salas do primeiro andar: FUTURE STORIES —con obras de dez artistas recén graduados da Facultade de Belas Artes de Pontevedra— e PROCESSI 148, que reúne proxectos da última promoción de artistas en residencia na Real Academia de España en Roma.