rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía Miguel Calvo
Fernando García.Canaval, 2015. Foto: cortesía Miguel Calvo

FERNANDO GARCÍA. Canaval

Ficha

Datas: 
13 novembro 2015 - 24 xaneiro 2016
Lugar: 
Anexo (vestíbulo principal)
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: 
Ángel Calvo Ulloa

Ciclo INTERTEXTUAL


Programación e calendario

A partir de xaneiro 2015, o lugar ata agora dedicado a tenda-librería no vestíbulo principal do MARCO convertiuse en sala de proxectos, retomando o espírito do Espazo Anexo na praza peonil posterior (2004-2011). Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, esta nova liña de programación pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras en si —novas producións realizadas especificamente para este espazo— como ao comisariado —ciclos de exposicións por proposta dun mesmo comisario, con periodicidade anual.

Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. A proposta nace da necesidade de configurar lugares para proxectos que ofrezan aos artistas a oportunidade de producir obras específicas, a partir da recreación e consolidación dun espazo que ofrece un lugar privilexiado, tanto polas súas dimensións e características coma polo tránsito continuo de visitantes, para a visibilidade dos proxectos.

O ciclo inaugurouse o 16 de xaneiro con 249 litros, de Carlos Maciá, continuou con Cismadores de Mauro Cerqueira, _ACHAR de Juan López, e actualmente co proxecto de Fernando García, ao que seguirá a proposta de June Crespo (Bilbao, 1982), que pechará o ciclo.

JUNE CRESPO
5 febreiro – 17 abril 2016

Coincidiendo coa xornada inaugural, o venres 13 de novembro ás 19.30 terá lugar no salón de actos un encontro-coloquio aberto ao público co artista e o comisario.

Información e visitas guiadas


O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

  • Todos os días ás 18.00
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

Síntese do proxecto


Canaval
, a proposta de Fernando García para o ciclo Intertextual, parte da instalación 249 Litros, que inaugurou este espazo en xaneiro, e fai un aceno a algúns dos aspectos máis definitorios daquela primeira intervención de Carlos Maciá. A ocupación case total do espazo, o dominio da horizontalidade, a forza da cor, o acabado mate ou a textura daquel gran volume que colapsou o Anexo, son agora os aspectos cos que dialoga esta penúltima entrada de Intertextual.

O proxecto de Fernando García comezou a materializarse durante a estanza que entre xaneiro e xuño de 2015 o levou a Canadá, onde foi acumulando grande cantidade de moedas dun dólar sen unha intención concreta, pero que tras a viaxe de volta, funcionan como un elemento foráneo traído aquí, testemuña da viaxe e do propio proceso de recolección. Estas insírense nas fendas practicadas nunha serie de canas de bambú, descubertas durante unha viaxe a El Puerto de Santa María, onde comezaron a postularse como elemento a utilizar e que agora cobran protagonismo nesta instalación. Ao mesmo tempo, García establece unha relación entre o interior e o exterior do Anexo por medio dunha serie de fotografías tomadas en Galicia, durante a viaxe que realizou en novembro de 2014 ao MARCO e que se enmarcan en molduras realizadas en granito.

Existe en Fernando García un interese definitorio polo traballo cos materiais, polo proceso e polo encontro que se produce entre as diferentes partes que configuran a obra. Canaval xunta a necesidade de participar activamente en cada un dos pasos que a configuran e a expectación fronte ao comportamento de cada un dos materiais elixidos, tanto en conxunto como por separado. Neste aspecto, ao coidado posto na realización das fendas no bambú, únese a introdución desas pequenas moedas e a dúbida que se prolonga ata que esa unión ten lugar. O mesmo acontece coas fotografías e o granito, que falan neste caso do circundante, da propia arquitectura do museo e do que está do outro lado das súas paredes. A unión supón, en ambos os dous casos, non só o achegamento entre dous materiais cuxa relación é para el un interrogante, senón o papel que os tempos de cada acción operan tamén en todo este proceso.

Prodúcese así un encontro entre a horizontalidade inicial fronte á verticalidade das canas, a viveza da cor utilizada por Carlos Maciá fronte á frialdade da proposta de García, así como entre o acabado mate en contraposición ao brillo das moedas e do propio bambú, que toma como referencia o lugar ocupado entón, xerando unha memoria espacial que se insire neses límites.

Fernando García, como nos seus traballos previos, presta especial atención ao acontecido anteriormente no espazo no que traballa, así como na viaxe e nas condicións nas que saca adiante cada obra. Neste caso, a viaxe a Galicia non pasou inadvertida, como tampouco o material que neste caso compón a estrutura do Museo de Arte Contemporánea de Vigo ou os que veu utilizando nos meses previos.

Artistas


Fernando García
(Madrid, 1975), é licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Entre os anos 2002 e 2004 exerceu de colaborador honorífico no Departamento de Pintura de D. Alberto Datas na devandita Universidade.

No ano 2009, o Pépinières Européennes Pour Jeunes Artistes outórgalle unha residencia de artista no Jyvälskylä Printmaking Centre de Finlandia e en 2014, concédenlle a bolsa da Pollock-Krasner Foundation de Nova York. No ano 2015, a bolsa de residencia e produción de obra do Canada Council for the Arts o leva a Montreal.

Na actualidade vive e traballa en Barcelona e está representado pola galería Heinrich Ehrhardt de Madrid.

Comisariado

Ángel Calvo Ulloa


Ángel Calvo Ulloa (Lalín, 1984) vive e traballa entre Madrid e Santiago de Compostela.

Desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo de advertencia (Lalín, Pontevedra) en 2011, Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro en PALEXCO (A Coruña) en 2011; Welcome to my loft no Centro Torrente Ballester de Ferrol en 2012; Wily Forza Ingobernable no FAC (Santiago de Compostela) en 2013; Sssh! del silencio un lenguaje na Galería Nuble (Santander) en 2013; ou o proxecto Diálogos Improbables no Espazo NonLugar (Lalín, Pontevedra) en 2012-13. Durante 2014 e 2015 comisariou Crise de Identidade na Fundación Granell (Santiago de Compostela); En el coche de San Fernando en SALÓN (Madrid); Sobre el muro na Galería L21 (Madrid) dentro do programa Jugada a 3 Bandas; Ende der party en Tokonoma Apartment (Kasel); C O M E R C U L E B R A en 1er Escalón (Murcia); Fugir para lado algum dentro do programa Expediçao no espazo Maus Hábitos (Porto) e Del rombo al hexágono hay dos líneas, xunto con Tania Pardo, para a Galería Rosa Santos (Valencia). Actualmente desenvolve INTERTEXTUAL, o ciclo de intervencións para o MARCO, e prepara, xunto con Alfredo Aracil, Tener que sentir, coa colección Los Bragales, para o Antiguo Instituto Jovellanos (Xixón). Foi premiado dentro do programa Inéditos 2014 por La Casa Encendida, onde realizou a exposición Aprender a caer. Recentemente foi premiado dentro da convocatoria de artes visuais de Can Felipa (Barcelona) para realizar o proxecto Incluso un paisaje tranquilo… Participou en proxectos virtuais como They've left us alone para The Naked, A Haia (2014) ou Numismática con río Miño al fondo con Fermín Jiménez Landa para Curatorial Clube (2014). É membro do colectivo OsTres co que elabora o programa expositivo do Espazo Miramemira (Santiago de Compostela).

www.angelcalvoulloa.com

 

Crítico de arte e comisario independente, Ángel Calvo Ulloa (Lalín, Pontevedra, 1984) é redactor xefe de Dardo
Magazine e redactor de A*Desk. Como comisario desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo
de advertencia (Lalín, 2011); a exposición Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro (PALEXCO, A Coruña, 2011); a
colectiva Welcome to my Loft (Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2012); Wily Forza Ingobernable (FAC, Santiago
de Compostela, 2013); Agora!, proxecto de intervencións no espazo das Bodegas Martín Códax (Cambados,
Pontevedra, 2013); Sssh! Del silencio un lenguaje (Galería Nuble, Santander, 2013); Crise de identidade
(Fundación Granell, Santiago de Compostela), En el coche de San Fernando (SALÓN (Madrid); Sobre el muro
(Galería L21, Madrid), dentro do programa Jugada a 3 Bandas (2014); Aprender a caer (Programa Inéditos 2014,
La Casa Encendida, Madrid), e Aún un paisaje tranquilo... (Barcelona, Convocatoria 2014 Can Felipa de Arts
Visuals). Dentro do programa TOKONOMADRID, foi convidado a participar como comisario na residencia do
Tokonoma Apartment de Kassel. Ángel Calvo Ulloa é membro do colectivo OsTres, que elabora o programa
expositivo do Espacio Miramemira, en Santiago de Compostela.
www.angelcalvoulloa.co