rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Gillian Park


Gillian Park
é directora de Pavilion, centro de artes visuais con sede en Leeds, Reino Unido. Comisariou proxectos de artistas contemporáneos como Mathieu Kleyebe Abonnenc, Gintaras Didžiapetris, Celine Condorelli e Melvin Moti. Paralelamente leva a cabo a súa tese de doutoramento en Leeds University baixo a supervisión da profesora Griselda Pollock; unha investigación na que revisa a historia de Pavilion, creado en 1983 como o primeiro centro de Europa dedicado a mulleres e fotografía. Interésalle en especial a converxencia entre fotografía e movementos da muller nese período, así como as estratexias feministas na práctica artística e curatorial hoxe en día.