MARCO post COVID-19. Medidas e servizos
Datas:
21 maio 2020 - 31 decembro 2021
Medidas sanitarias de seguridade e protección ante Covid-19
XERAL
- É obrigatorio o uso de tapabocas.
- Manteña a distancia mínima interpersoal de 1.5 metros.
- Utilice o xel desinfectante nas zonas habilitadas para tal fin.
- Os bolsos de man ou mochilas terán un tamaño máximo de 30x30 cm.
- Non está permitido entrar con alimentos ou bebidas.
SALAS E ESPAZOS DE TRÁNSITO DE VISITANTES
- Siga a sinalización para circulación no interior do edificio.
- Respecte a capacidade indicada para cada sala ou actividade, situadas en lugares visibles á entrada de cada espazo.
- Non toque as obras e elementos en exposición, así como as superficies de vitrinas, peañas e carteis.
- O uso do ascensor está limitado a unha persoa de cada vez, agás no caso de acompañantes de persoas dependentes.
BIBLIOTECA-CENTRO DE DOCUMENTACIÓN
- A Biblioteca-Centro de Documentación continúa aberta ás persoas usuarias, de xeito virtual.
- Presencialmente, só mediante cita previa para investigadores, ata novo aviso.
SERVIZOS
- O Restaurante-cafetería está aberto no seu horario habitual.
- Os aseos, aseos adaptados e cambiador de bebés, están dispoñibles na planta baixa.
- Está permitida a entrada de cans-guía.
INFORMACIÓN
- Consulte a información sobre as exposicións e actividades nos códigos QR accesibles en cada sala ou espazo de tránsito.
- Siga as indicacións do persoal do museo, dispoñible para calquera dúbida, consulta ou información complementaria.
TAMÉN NA REDE!
O MARCO continúa aberto tamén na rede, con información puntual e actualizada sobre a nosa programación e actividades na web www.marcovigo.com, e con interacción a través das nosas redes sociais.
Instagram: @museomarcovigo
Facebook: MuseoMARCOVigo
Twitter: @MARCOVigo3
YouTube: MARCO, Museo de Arte Contemporánea