rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
NO CAMIÑO. Películas de estrada, vieiros e horizontes

NO CAMIÑO. Películas de estrada, vieiros e horizontes

Datas: 
5 outubro 2023 - 30 maio 2024
Horario: 
xoves de 19.15 a 20.45
Lugar: 
Salón de actos

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: José Manuel López
Total sesións: 23
Con la colaboración de: Fundación Banco Sabadell
PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 15 de setembro
Prezo: 190€ (desconto 20% membros AAM e para estudantes, previa acreditación).
AVISO estudantes Universidade de Vigo: aprobada obtención 1,2 créditos ECTS por asistencia para alumnado da UVigo, cun 50% de desconto no prezo de matrícula.

PRESENTACIÓN

Este curso propón unha exploración de diversas paisaxes fílmicas a través do desprazamento dos corpos e da viaxe, tanto física como simbólica –se é que pode establecerse esa distinción. Dende o apoxeo do clasicismo nos anos trinta do século pasado ata os nosos días, ao longo de case cen anos de historia do cinema, e de filmes de moi diversos xéneros e países, buscaremos o horizonte por camiños e estradas, como tantos personaxes da historia do cinema –e da historia en xeral– fixeron antes. É, por suposto, a viaxe do heroe ou da heroína que alimenta os relatos da humanidade dende que sentamos por primeira vez ao redor dunha cacharela. É o impulso de partir en busca dun alí no que quizais agarde a marabilla. Porque, como di Dorothy, “se camiñamos o suficiente, algunha vez chegaremos a algunha parte”, e quizais non sexa o marabilloso mundo de Oz o que espere máis alá do arco da vella, pero sempre poderemos dicir iso tan recorrido de “Toto… creo que xa non estamos en Kansas” (ou en Cangas, que para o caso é o mesmo).

CV / NOTA BIO

José Manuel López (Vigo, 1974) é doutor en Comunicación e profesor asociado na Universidade de Vigo. Funda a revista de cinema Tren de sombras (2004-2008) e dende o ano 2007 ao 2017 forma parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine (anteriormente conocida como Cahiers du cinéma. España). En 2008 coordina o libro Naomi Kawase. El cine en el umbral para o Festival de cine de Las Palmas e é autor de numerosos artigos, relatorios en congresos e capítulos de libros. Dende 2012 imparte cursos de cinema no MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo e no CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. Impartiu, ademais, conferencias en espazos como o Master LAV, a ESCAC, o CGAI, a SEMINCI, o Festival de Málaga ou o Centro de las Artes de Sevilla. Ten comisariado exposicións e ciclos de proxeccións para Fundación Luis Seoane; Curtocircuito. Festival Internacional de cine de Santiago de Compostela; SOLAR - Galería de Arte Cinemática, ou Festival de Cine de Vila do Conde (Portugal). En 2020 recibe o premio ao mellor Ensaio escrito sobre Audiovisual Internacional na IV Edición dos Premios María Luz Morales, outorgados pola Academia Galega do Audiovisual.

Programa e calendario completo: no arquivo dispoñible para descarga.