rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Novas proxeccións do documental PANTOQUE, de Eduardo Armada

Novas proxeccións do documental PANTOQUE, de Eduardo Armada

Datas: 
1 febreiro 2019 - 2 marzo 2019
Horario: 
proxección en bucle, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo


Tras a presentación do 18 de xaneiro, o documental proxectarase no salón de actos o venres 1 e sábado 2 de febreiro e marzo, dentro do horario de apertura da exposición.

O 16 de novembro inaugurábase, nos espazos da planta baixa do MARCO, a exposición PANTOQUE. Un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada, baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade: explorar a través da linguaxe plástica e visual o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro, neste caso Astilleros Armada en Bouzas, Vigo.

Como actividade paralela e complementaria desta mostra, o pasado venres estreouse, nunha das salas da planta baixa, o documental Pantoque, realizado por Eduardo Armada, que recolle toda a historia e proceso do proxecto dende o seu inicio.

Dada a gran acollida que suscitou, e cara a unha maior difusión, o documental volverá a proxectarse a primeira fin de semana de febreiro e de marzo no salón de actos do MARCO, de xeito continuado, dentro do horario de apertura da exposición.

Proxección documental Pantoque
Cor, 52 min
Datas: venres 1 e sábado 2 de febreiro; venres 1 e sábado 2 de marzo 2019

+ INFO: http://pantoque.com

Foto de portada: Proxección Pantoque. Marta G. Brea (detalle). Cedida