Obradoiros infantís de NADAL
Para público infantil de 3 a 12 anos
Martes 2, mércores 3 e xoves 4 de xaneiro de 2024
Colabora: Fundación "la Caixa"
Cara a estes días de vacacións escolares, a área de Didáctica do MARCO ten programado tres xornadas de obradoiros dirixidos ao público infantil que terán lugar na primeira semana de xaneiro.
“ENTRE FIESTRAS ANDA O XOGO”. Obradoiros infantís de Nadal
Para participantes de 3 a 12 anos
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
O programa especial destas datas xira ao redor dunha selección de obras do artista JUAN GIRALT. Durante tres xornadas consecutivas, a través de percorridos con xogos de movemento, preguntas e experimentos nas propias salas de exposición e no espazo do “Laboratorio das Artes”, ensaiaremos diferentes perspectivas, atoparemos varios cadros diferentes nunha mesma superficie, emparellaremos as obras, e faremos a nosa propia selección atendendo a criterios como tamaños, cores, liñas e motivos.
GRATUÍTO ata completar capacidade, PREVIA INSCRICIÓN (máximo 25 participantes por sesión)
Inscrición e reservas de praza en taquilla MARCO recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)
PRAZAS ESGOTADAS
NOTA: recoméndase roupa cómoda e, se é posible, mandilón ou similar.