
OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL. Para público infantil e familiar
Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo (máximo 50 participantes)
Colabora:
A partir do martes 26 de decembro e durante cinco días consecutivos, o MARCO ofrece obradoiros didácticos de Nadal dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a propuesta toma como base a exposición do 1º andar, “A timidez da copa das árbores”, sacando partido das súas posibilidades didácticas e da presenza das obras en salas para relacionalas con temas e contidos presentes nestas datas.
Ao longo de 2017, a programación educativa do MARCO veuse reforzada polo apoio da Obra Social “la Caixa”, tanto nas visitas e grupos de escolares, como en propostas para grupos con necesidades especiais. Tras as exposicións “Mulleres do silencio” e “Ánxel Huete”, no último trimestre o programa para escolares xirou ao redor da mostra “A da copa das árbores”, mediante visitas e obradoiros específicos dirixidos a alumnado de distintas idades e ciclos educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos). Con esta colaboración, que naceu con ánimo de continuidade, a Obra Social “la Caixa” pretende ofrecer actividades complementarias ao traballo nas aulas, nas que se fomenten a arte e a cultura, e ás persoas con necesidades específicas opcións de ocio inclusivo.
CALENDARIO / AVANCE OBRADOIROS
Martes 26 decembro
“O teléfono estropeado”. Xogos de movemento en torno a algunhas das obras en exposición. Ensamblaxe de formas e experimentos cheo/baleiro a partir de sinxelas formas xeométricas.
Mércores 27 decembro
“Palabras cruzadas”. Xogos de frases encadeadas e debate en grupo en torno a algunhas das obras en exposición. Panel de palabras cruzadas.
Xoves 28 decembro
“Figuras móbiles”. Xogos de movemento por parellas en torno a algunhas das obras en exposición. Elaboración de figuras trenzadas feitas a partir de lá de cor.
Venres 29 decembro
“Mensaxes invisibles”. Xogos de palabras e frases invisibles a partir de recordos e experiencias dos nosos maiores, en torno a algunhas das obras en exposición. Preparación dun paquete sorpresa, individual e en grupo.
Sábado 30 decembro
“Árbores naturais”. Xogo de experiencias en torno ás árbores naturais e artificiais. Creación dunha peza colectiva inspirada nas árbores e a natureza.