OBRADOIROS INFANTÍS para público familiar
MARCO / DIDÁCTICA
PROGRAMACIÓN outubro-decembro 2021
A área de DIDÁCTICA do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destacan a programación para escolares, as visitas e talleres para grupos con necesidades específicas, unha nova proposta de obradoiros para adultos, e outras iniciativas dirixidas a públicos diversos.
Todas as actividades requiren cita previa ou inscrición e reserva, respectando capacidade e normativa sanitaria no que atinxe á circulación por salas e sesións de taller.
+ INFO e RESERVAS:
Taquilla MARCO recepcion.marco@gmail.com
Tel. 986 113900 (Ext. 100) / 986 113908
Horario taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
Colabora: Obra Social La Caixa
OBRADOIROS INFANTÍS para público familiar
Para participantes de 3 a 12 años
Gratuíto, previa inscrición e reserva de praza [Máximo 20 participantes por sesión]
A partir deste mes de outubro, o MARCO retoma o seu programa de talleres dirixidos a público familiar, para participantes de 3 a 12 anos. En liña coas actividades programadas nos talleres de verán, trátase de ofrecer unha programación na que cada sesión é diferente, centrada en obras presentes nas exposicións actuais e futuras.
A proposta está adaptada a dous grupos de idade, e as actividades, que teñen lugar na sala de Didáctica (Espazo Anexo) complétanse con percorridos por espazos interiores. Cada sesión é independente, e os contidos céntranse en obras dos artistas presentes nas exposicións do MARCO desta tempada: 4 Proxectos: Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente [ata o 17 de outubro]; Glenda León [ata o 21 de novembro]; e Din Matamoro [ata o 8 de xaneiro]