
A ORIXE DO SÉCULO XXI Transformacións da imaxe e o cine contemporáneos (1990-2010)
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Jose Manuel López Fernández, coa colaboración de ponentes invitados
CONTIDOS:
A chegada do século XXI non só non supuxo a enésima “morte do cine”, senón que inaugurou a última (por agora) das súas moitas vidas. Unha nova etapa de apaixonantes transformacións tecnolóxicas (cine dixital, 3D, distribución por internet...), xeográficas (eclosión do cinema asiático, africano, latinoamericano ou dos países do leste), de cambios no propio estatuto das imaxes (imaxe dixital vs. imaxe fílmica) ou na súa imparable expansión cara a outras pantallas (ordenadores, dispositivos portátiles, pero tamén museos ou galerías de arte).
Este curso propón un amplo percorrido polo cambiante mundo da imaxe e o cine das dúas últimas décadas —nas que o cinematógrafo, ademais, cumpriu os seus primeiros cen años de historia— e as
súas transformacións estéticas, narrativas, tecnolóxicas ou políticas. E faino sen perder de vista nin a súa historia nin os seus referentes: do cine clásico á modernidade europea, pasando polo Novo Hollywood dos 70, e sen pecharse a unha concepción máis ampla da imaxe en movemento, incorporando as series de televisión, a videoarte, os videoxogos, o videoclip, ou internet, como formas (ou medios) equiparables na iconosfera contemporánea.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
Prezo de matrícula • 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
• Desconto especial por inscrición en 2 cursos e tres cursos.
Para este curso, e no marco do convenio asinado pola Universidade de Vigo e a Fundación MARCO, está autorizado o recoñecemento de 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS para alumnado da Universidade de Vigo.
NOTA: durante a tempada 2013-14, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes xoves: 14 de novembro, 5 e 26 de decembro, 2 de xaneiro, 17 de abril.
CALENDARIO E PROGRAMA
Sesión 1 (xoves 24 outubro) A orixe de todos os séculos: unha (posible) introdución a dúas décadas convulsas
Sesión 2 (xoves 31 outubro) (Neo)realismo: Abbas Kiarostami e a Nova Onda Iraní
Relator invitado: Farshad Zahedi. Profesor Universidad Carlos III de Madrid
Sesión 3 (xoves 7 novembro) Deflacións narrativas: cara a un cine do silencio, o baleiro e a soidade
Sesión 4 (xoves 21 novembro) Do haluro de prata ao píxel: a senda dixital do cine contemporáneo
Sesión 5 (xoves 28 novembro) Imaxes da ausencia, ausencia de imaxes: cine e holocausto(s)
Sesión 6 (xoves 12 decembro) Novas pantallas, novas narrativas
Sesión 7 (xoves 19 decembro) Novas formas do documental e a non ficción
Relator invitado: Gonzalo de Pedro. Ex-programador do festival Punto de Vista de Pamplona e actual Director artístico do Festival online http://www.margenes.org
Sesión 8 (xoves 9 xaneiro) USA XXI. A xeración norteamericana do cambio de século
Sesión 9 (xoves 16 xaneiro) Cine e museo I: as dúas beiras da imaxe contemporánea
Sesión 10 (xoves 23 xaneiro) Cine e museo II: Chris Marker, a mirada de Orfeo. Tralos pasos de Hitchcock
Relator invitado: Alberto Ruiz de Samaniego. Crítico cultural e profesor de Estética e Teoría das artes na Universidade de Vigo
Sesión 11 (xoves 30 xaneiro) Estradas perdidas da mente: as películas-puzle de David Lynch
Sesión 12 (xoves 6 febreiro) O cine dentro do cine (e a televisión dentro da televisión)
Sesión 13 (xoves 13 febreiro) Inflacións narrativas: blockbusters e cine de atraccións
Relator invitado: Ángel Quintana. Profesor de Historia e Teoría do Cine, Universidad de Girona
Sesión 14 (xoves 20 febreiro) A penúltima eclosión do cine asiático
Sesión 15 (xoves 27 febreiro) Dous mestres contemporáneos: Hou Hsiao-hsien e Wong Kar-wai
Sesión 16 (xoves 6 marzo) Eloxio da inmadurez: Nova Comedia americana
Relator invitado: Jaime Pena. Programador do CGAI, Centro Galego das Artes da Imaxe
Sesión 17 (xoves 13 marzo) Do crepúsculo ao abrente: o Western contemporáneo
Sesión 18 (xoves 20 marzo) Centauros da cidade: Michael Mann e othriller contemporáneo
Sesión 19 (xoves 27 marzo) A nova ficción televisiva: de Twin Peaks a Breaking Bad
Relator invitado: Carlos Reviriego. Coordinador sección cine de El Cultural de El Mundo e docente de Estética do Cine na Escuela Universitaria TAI, Madrid
Sesión 20 (xoves 3 abril) Adeus ás risas enlatadas: a comedia televisiva ábrese ao real
Sesión 21 (xoves 10 abril) Todo é un remix: do cine experimental a Quentin Tarantino
Sesión 22 (xoves 24 abril) Cando o director era a estrela: Spike Jonze, Michel Gondry, Chris Cunningham
Sesión 23 (xoves 8 maio) Isto (non) é todo, amigos: trazos e formas da animación contemporánea
NOTA: tanto o programa xeral como as sesións a cargo de relatores invitados poden sufrir variacións nas súas datas e contidos, en función da dispoñibilidade dos relatores e do propio desenvolvemento do curso.