
“A pintura dun pai”. Conversa sobre a obra de Juan Giralt e a novela Tiempo de vida, de Marcos Giralt Torrente
Actividade complementaria Club de Lectura #BiblioMARCO
Coa participación de: Marcos Giralt Torrente, Miguel Fernández-Cid, Ramón Rozas
Organiza: Biblioteca-Centro de documentación MARCO
Dentro da programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, e no contexto da exposición de JUAN GIRALT no MARCO, elixiuse como primeira lectura da tempada Tiempo de Vida, de Marcos Giralt Torrente, fillo do pintor e co comisario da mostra. Como actividade complementaria do Club de Lectura, e en relación coas actividades do 21º Aniversario, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO organiza este encontro co escritor Marcos Giralt Torrente, a modo de conversa co xornalista e crítico de arte Ramón Rozas, e o director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, que tamén comisaría a mostra.