rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Presentación Espazo ANEXO renovado e avance programación Didáctica OUT-DEC 2023

Presentación Espazo ANEXO renovado e avance programación Didáctica OUT-DEC 2023

Datas: 
18 outubro 2023 - 31 outubro 2023

Cara á tempada de outono, o MARCO de Vigo presenta a programación da área de Didáctica deste trimestre, cunha novidade principal: a remodelación e acondicionamento do Espazo Anexo como novo “Laboratorio dás Artes”, no que se desenvolve un programa estable de actividades dirixidas a públicos diversos que, ao iguao que toda a programación educativa do MARCO, conta coa colaboración da Fundación “la Caixa”, a través de Caixabank.

REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO ESPAZO ANEXO

Entre os meses de febreiro e setembro de 2023 leváronse a cabo as obras de reparación e acondicionamento do Espazo Anexo do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, situado na praza peonil posterior.

A acometida das obras –posible grazas ao programa Vigo Emprega do Concello de Vigo – foi unha actuación imprescindible para poder desenvolver a programación prevista pola área de DIDÁCTICA do MARCO, unha vez decidido o traslado desta sección e definido o Espazo Anexo como lugar centrao para a posta en marcha das actividades.

Tendo en conta as características dos públicos destinatarios (nomeadamente grupos de escolares, persoas maiores, público infantil, familias, asociacións e colectivos con necesidades específicas), o proxecto puxo especiao atención nas condicións de accesibilidade, comodidade, funcionalidade e carácter versátil do espazo, de cara aos usuarios e ao persoao técnico a cargo das actividades.

Tao como se detalla na Memoria Técnica Descritiva das Obras, as actuacións incluíron a reforma e substitución das portas de acceso, a impermeabilización da fachada e do interior, a mellora das condicións de ventilación do espazo, a substitución de sistemas de iluminación por equipos de alta eficiencia enerxética, a revisión integrao e posta en funcionamento do sistema de climatización e renovación de aire, a ampliación da zona de almacenaxe e servizos, e a mellora do xardín lindante, entre outras.

Dende o punto de vista estético, respectouse ao máximo a imaxe orixinao do inmoble tao como foi concibido no proxecto arquitectónico inicial, tanto no que se refire ao exterior do edificio e a súa conexión co seu ámbito, coma na elección de materiais e medios técnicos nas obras do interior.

AVANCE PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA / outubro-decembro 2023

Colabora: Fundación "la Caixa"

Nos últimos anos, a área de Didáctica do MARCO, baixo o lema “MARCO inclusivo”, reforzou e ampliou a súa oferta co obxectivo de identificar necesidades, crear recursos, facilitar espazos e instrumentos para a inclusión, e chegar a públicos diversos. Neste epígrafe inclúense tanto a programación para escolares –en paralelo ás exposicións temporais, con propostas diferenciadas para cada grupo de idade–, como os obradoiros infantís, as visitas e talleres para grupos con necesidades específicas, e outros proxectos en colaboración con diferentes asociacións e colectivos. Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición, ata completar a capacidade establecida para cada programa.

VISITAS E OBRADOIROS PARA ESCOLARES

Datas = do martes 10 outubro ao venres 22 decembro
Horario = de martes a venres de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 100 / 986 113900 Ext. 308 / email: didactica@marcovigo.com

A experiencia cos grupos de escolares, dos máis numerosos entre os colectivos destinatarios, consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade-taller relacionada, especialmente adaptadas a distintas idades, con contidos diferenciados para educación infantil, primaria e secundaria/bacharelato.

VISITAS E OBRADOIROS PARA GRUPOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

Datas = do martes 10 outubro ao sábado 23 decembro
Horario = á medida, adaptado ás necesidades de cada grupo
Actividades en torno ás exposicións temporais (LLUÍS LLEÓ, JUAN GIRALT e CONCHA  MARTÍNEZ BARRETO) e outros contidos relacionados coa creación contemporánea, dirixidos a colectivos, asociacións e grupos con necesidades especiais.

ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL

Datas = do sábado 14 outubro ao sábado 23 decembro
Horario = sábados de 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 13.45 (de 7 a 12 anos)
Previa inscrición: tel. 986 113900 Ext. 100 / 986 113900 Ext. 308 / email: recepcion@marcovigo.com

Actividades en torno ás exposicións temporais (LLUÍS LLEÓ, JUAN GIRALT e CONCHA MARTÍNEZ BARRETO) e outros contidos relacionados coa creación contemporánea, dirixidos a público infantil e familiar.

OBRADOIROS INTERXERACIONAIS EN COLABORACIÓN CON AFAGA

Datas = do martes 24 outubro ao martes 19 decembro
Horario = martes de 16.00 a 17.30 (sesión preparatoria) e de 17.30 a 19.00 (taller)

Programa de talleres en cooperación con AFAGA Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, destinado a persoas maiores afectadas de Alzheimer e público infantil que participa habitualmente nas actividades didácticas do Museo. A partir deste contacto interxeracional, experimentamos o poder da arte como vía de socialización, como reflexión individuao e grupal, e como ferramenta terapéutica.