
Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días
Dentro do contexto de divulgación da arte contemporánea levado a cabo polo MARCO, este curso ten como obxectivo analizar a arte producida nas últimas catro décadas. Sen deixar de percorrer as prácticas artísticas máis relevantes deste período, prestarase especial atención á nova orde sobre a que estas se acomodan ou contra o que se revolven: os profundos cambios da institución (o museo e as novas estruturas temporais de validación); o rol do espectador e a influencia crecente dos novos axentes artísticos (cuxo epítome será a figura do comisario); ou a esfera pública como espazo de liberación
O ton do curso moverase por diferentes intensidades, de maneira que cada sesión non perda a súa autonomía nin estea suxeita a cronoloxías nin aos lugares comúns establecidos pola historiografía oficial. En definitiva, irase construíndo un discurso subxectivo que abrangue fitos socio-culturais, prácticas artísticas localizadas nun espazo/tempo preciso, traxectorias persoais de especial relevancia, conexións e confluencias entre o que entendemos comunmente por arte e outras disciplinas
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Datas: do 27 de outubro de 2011 ao 31 de maio de 2012
Lugar: salón de actos
Horario: xoves, de 19.30 a 21.00
Docente: Juan de Nieves [comisario independente, crítico de arte, ex-director do EACC Espai d’Art Contemporani de Castelló]
Nº sesións: 23 (descontados festivos e outros eventos)
NOTA: durante a tempada 2011-12, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes xoves:8, 15 e 29 de decembro, 5 de xaneiro, 9 e 16 de febreiro, 1 de marzo, 5 de abril. Así mesmo, o programa-calendario das sesións pode ofrecer variacións en canto a contidos de cada sesión e ao seu desenvolvemento temporal.
Prezo matrícula: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes da Universidade de Vigo, previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
PROGRAMA-CALENDARIO
Sesión 1 (xoves 27 outubro)
Introdución: contexto histórico e metodoloxía utilizada
Sesión 2 (xoves 3 novembro)
Novas formas de modernidade na era global. ¿Altermodern?
Sesión 3 (xoves 10 novembro)
O fenómeno da bienalización
Sesión 4 (xoves 17 novembro)
Facer museo. Os novos retos da institución
Sesión 5 (xoves 24 novembro)
A incorporación das audiencias nas prácticas artísticas recentes e os seus novos roles en (e dende) as esferas pública e institucional
Sesión 6 (xoves 1 decembro)
Unha relectura da historia da arte recentea partir dos seus modelos expositivos e curatoriais
Sesión 7 (xoves 22 decembro)
Comportamientos procesuais na arte dende finais dos anos noventa. Prácticas relacionais
Sesión 8 (xoves 12 xaneiro)
Arte, sociedade e tecnoloxía
Sesión 9 (xoves 19 xaneiro)
Feminismos e novas estratexias identitarias de disidencia
Sesión 10 (xoves 26 xaneiro)
Postmodernidade. A explosión das subxectividades
Sesión 11 (xoves 2 febreiro)
Da performance "histórica" ás prácticas do acontecemento
Sesión 12 (xoves 23 febreiro)
Escena pública [sesión de debate]
Sesión 13 (xoves 1 marzo)
A construción dun novo espazo socio-cultural na Galicia dos oitenta
Sesión 14 (xoves 8 marzo)
Arte e activismos
Sesión 15 (xoves 15 marzo)
Práctica(s) artística(s) e esfera pública
Sesión 16 (venres 30 marzo)
Fundamentos da arte conceptual
Sesión 17 (xoves 12 abril)
Conversa con Isidoro Valcárcel Medina
Sesión 18 (xoves 19 abril)
Minimal Art
Sesión 19 (xoves 26 abril)
O campo expandido do cine nos 60' e 70'
Sesión 20 (xoves 3 maio)
As achegas de Bruce Nauman aos ámbitos da escultura, a instalación, o vídeo, a performance e a danza
Sesión 21 (xoves 10 maio)
Antiform, arte povera
Sesión 22 (xoves 24 maio)
Conversa con Alicia Murría
Sesión 23 (xoves 31 de maio)
Epílogo