Quen vive aquí?. OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Para público infantil e familiar
Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo (máximo 50 participantes por sesión)
Colabora:
A partir do martes 2 de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición DESTACADOS, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición.
Unha forma diferente de crear e compartir experiencias neste tempo estival… Úneste?