rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
RESCATADA: 68 anos agardando a memoria filmada / PROXECCIÓN E VERSIÓN COMENTADA (DIM, Día Internacional do Museo)

RESCATADA: 68 anos agardando a memoria filmada / PROXECCIÓN E VERSIÓN COMENTADA (DIM, Día Internacional do Museo)

Datas: 
18 maio 2019
Horario: 
20.00
Lugar: 
Patio 1 (planta baixa)

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, o MARCO de Vigo presenta o documental RESCATADA. 68 anos agardando a memoria filmada; un documento histórico filmado en 1951 e 1952, procedente dos arquivos da familia Beiras Cal, recuperado do olvido por Miguel Piñeiro e o equipo da produtora Atlantis Multimedia. A partir desa data e ata o 15 de setembro, o documental proxectarase de xeito continuado nunha das salas da planta baixa.

O filme inclúe unha reportaxe sobre o arquitecto Manuel Gómez Román e o seu acto de ingreso na Real Academia Galega, xunto a outras gravacións históricas realizadas polo intelectual galeguista Antón Beiras, a modo dun ‘contra NODO’ destinado á cultura galega no exilio.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Museo, o historiador Xurxo Martínez González (que vén de recibir esta mesma semana o premio da Gala do Libro Galego ao ellor ensaio) ofrecerá unha narración en vivo e en paralelo ao filme, a modo de visión comentada.

Ficha técnica:
Rescatada: 68 anos agardando a memoria filmada
Duración: 37 min
Atlantis Multimedia
Miguel Piñeiro. Director e produtor do proxecto / Manuel Iglesia. Técnico de dixitalización / Fernando Alfonsín, de Alfonsín Lab. Postprodución / Carme Varela. Contidos e documentación

Para consultar toda a programación do DIM, preme aquí 

Dende hoxe, 18 de maio e durante 48 horas a web do Faro de Vigo ofrece en "streaming" a versión íntegra do filme comentado polo historiador Xurxo Martínez González
https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/05/18/nodo-descuberto-vigo/2107189.html