rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Toshiharu Ito coa colaboración de Miki Okabe

Nado en Toquio en 1953, Toshiharu Ito é historiador de arte, teórico de arte e comunicación e comisario de exposicións. Entre 1990 e 2001 foi Catedrático na Tama Art University de Toquio, e dende o ano 2001 na Tokyo National University of Fine Arts and Music. Entre 1992 e 1998 foi comisario no Inter Communication Center de Toquio, e dende 1995 é Director Artístico no Intermedia Institute de Osaka, e; entre os anos 2000 e 2003 traballou como Director Artístico no Tokyo AAD Studio de Toquio. Unha selección das súas publicacións inclúe os seguintes títulos: History of 20th Century Photography (Toquio, Chikuma Shobo Pub., 1988); Machine Art (Toquio, Iwanami Pub., 1991); Electronic Art (Toquio, NTT Press, 1999).