rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

“UNHA NOITE NO TRASMUNDO”. Espectáculo de títeres con Guy Bobillo (Títeres Natuacasa)

Datas: 
17 maio 2023 - 20 maio 2023
Horario: 
12.00
Lugar: 
salón de actos

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Datas: mércores 17 de maio (Día das Letras Galegas) e sábado 20 de maio
Para público familiar: nen@s a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas
Gratuíto, ata completar capacidade
Previa reserva praza en recepcion.marco@gmail.com

Concibido como homenaxe á vida e obra de Laxeiro, esta viaxe onírica chea de aventuras está conducida por Guy Bobillo, un verdadeiro experto en espectáculos infantís que combinan a diversión con múltiples claves de coñecemento da historia da arte. Nesta ocasión, o rico universo de Laxeiro cobra vida para explicarse a si mesmo a través da mirada infantil de “Pepiño”, e doutros personaxes presentes nos cadros do artista... con algún xesto para o noso convidado máis especial, un “don Paco” protagonista do Día dás Letras 2023.