rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Violeta Janeiro Alfageme


Violeta Janeiro Alfageme
(Vigo, 1982) é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Para este ano 2025 está comisariando unha exposición antolóxica de Marisa González no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en Madrid e en Azkuna Zentroa, Bilbao; e unha mostra colectiva en Le19 CARC de Montbaliard. En 2024 dirixiu a Bienal de Fotografía de Tenerife Fotonoviembre, e co-comisariou a individual de Ana Gallardo no CA2M (Móstoles) e MUAC (México). En 2023 comisariou a muestra da artista palestina Jumana Manna en Matadero (Madrid) e unha exposición colectiva en Kubus (Hannover). Ademais de comisaria, é docente en Historia da Arte e colabora con textos para publicacións especializadas.