rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxección do documental "Capturing Lee Miller" (VOSE) e coloquio posterior

Proxección do documental "Capturing Lee Miller" (VOSE) e coloquio posterior

9 marzo 2023

Data e hora: 9 de marzo, 19.00
Lugar: Salón de Actos
Prezo: entrada libre ata completar aforo 

Como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, e no contexto do 8M Día Internacional da Muller, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, organiza a proxección do filme "Capturing Lee Miller", seguida dun coloquio co público asistente. 

Pola súa banda, como colaboración especial nesta actividade, a libraría LASAL BOOKS, situará xunto a entrada do salón de actos, unha selección de publicacións relacionadas coa obra de mulleres fotógrafas

Aberto ao público en xeral, ENTRADA GRATUÍTA ata completar capacidade
Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura, AAM Agrupación Amiga do MARCO, e asistentes cursos cine
Reservas ata o 8 de marzo en: centro.documentacion@marcovigo.com
Apertura de portas para as reservas: acceso entre ás 18:45 - 18:55* / Apertura de portas para público xeral: 18:55
*A reserva está garantida ata as 18:55. Desde esa hora, a praza, pasaría a estar dispoñible para público xeral.

"Capturing Lee Miller" 
Dirección: Teresa Griffiths / Reino Unido, 2020 / Duración: 60 min. 
Tradución a castelán: Patricia Verdial Garay / Revisión de textos: Tom Skipp
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=CFMdOMOefX4
Sinopse e datos técnicos: https://www.filmaffinity.com/es/film105225.html