rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxección do documental "Escribir lo imposible" e Coloquio

Proxección do documental "Escribir lo imposible" e Coloquio

11 abril 2023


Datas e horario: 11 de abril, ás 19.00
Lugar: Salón de Actos
Prezo: entrada libre ata completar aforo 

Actividade complementaria Club de Lectura #BiblioMARCO / Biblioteca-Centro de Documentación
Abierto ao público en xeral 
Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura, AAM, Agrupación Amiga del MARCO, e asistentes curso cine, (previa acreditación).
Reservas ata o 7 de abril no centro.documentacion@marcovigo.com indicando nome e apelidos 

Como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, e nocontexto do Día del Libro (23 de abril), a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO organiza a proxección do documental Escribir lo imposible”, seguida dun coloquio co director Simone Saibene e o escritor Juan Tallón, conducido pola responsable de Biblioteca e documentación do MARCO, Iria Fernández Mouriz.

Escribir lo imposible
España, 2021 / Duración: 64 min.
Dirección e guión: Simone G. Saibene
Música: Paolo Apollo Negri
Fotografía: Jairo Iglesias

Juan Tallón (Vilardevós, Ourense 1975) pasa todo o día escribindo, en especial cando non escribe. Colabora con El País, Jot Down, El Progreso e Cadena Ser. Publicou sete novelas. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou Rewind (Anagrama), un libro ambientado en Lyon sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Este documental narra a historia do proceso de creación de Rewind, da súa última novela, Obra maestra, e de como a nova realidade acabou apoderándose da ficción.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=3ybCAXcdRyA

BSO: https://open.spotify.com/album/2WLrSCKBm210LRqYXnFSqn

https://www.youtube.com/watch?v=kO5BJdpWlcU&list=OLAK5uy_n7FzOmY3PVRbA0q_sRHcOXkxeiDd8D8w0

Sinopse e ficha técnica: https://www.filmaffinity.com/es/film270011.html