rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Recital CINTAADHESIVA

Recital CINTAADHESIVA

Datas: 
20 xaneiro 2024
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19:00
Prezo: 
Taquilla inversa


Traémosvos unha das propostas poéticas máis innovadoras da rica escena galega da man do dúo CINTAADHESIVA, composto pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés, que terá lugar o sábado 20 de xaneiro ás 19.00 no salón de actos do MARCO.  

Un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesia”. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndanse unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión, pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo, de maneira que o que se produza sexa unha «vivencia».  

+INFO en: https://limites.net/cintaadhesiva.htm

Para este espectáculo utilizaremos o método da taquilla inversa. Para quen non o coñeza, é tan sinxelo como pagar á saída a cantidade que cada quen crea que vale o espectáculo.