rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita á exposición “Proxecto Incendios”

Visita á exposición “Proxecto Incendios”

Datas: 
29 maio 2023
Lugar: 
Casa das Artes, 2º andar
Horario: 
19.00


Visita á exposición “Proxecto Incendios” guiada polo propio autor Miguel Mosquera na Fundación Laxeiro (Casa das Artes, 2º andar).
 

A Fundación Laxeiro presenta este proxecto de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), no que se fai eco da vaga de incendios que asolou o sur de Galicia en outubro de 2017. O artista chama á reflexión sobre esta problemática que parece definir un aspecto da relación da poboación co territorio.

Ofrécenos un proxecto expositivo no que, seguindo unha estratexia formalmente híbrida, entre a instalación, a poesía visual e o documento, constrúe unha crónica que, a partir dos datos obxectivos, apela á emoción para fixar o acontecido na nosa memoria colectiva. Nos documentos que achegamos tedes máis información sobre a exposición.