rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visitas guiadas con Jorge Lens

Visitas guiadas con Jorge Lens

Datas: 
16 abril 2024
Lugar: 
Galería Sargadelos (Rúa Urzáiz, 17)
Horario: 
18:30

O martes 16 de abril ás 18.30, convidámosvos a unha visita polas dúas exposicións de Jorge Lens, guiadas polo propio artista.

A primeira delas, “Me llaman calle” na Galería Sargadelos (Rúa Urzáiz, 17), é un proxecto fotográfico (un total de 39 fotografías en cor) centrado no concepto de cidade como un gran escenario polo que transitan personaxes, historias e narracións.

Na segunda, “Esclavos de nuestra sombra” na sede da Asociación Évame Oroza (Subida á Costa, 5), a través de 29 fotografías tomadas en Vigo, Jorge Lens convídanos a percorrer as rúas con novos ollos, a descubrir a beleza no común e a reflexionar sobre a complexidade da vida urbana, todo iso entrelazado cos versos de Carlos Oroza, creando así un diálogo entre o visual e o verbal, entre a imaxe capturada e a emoción evocada.

+ INFO: https://www.jorgelens.com/