rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
AXUDAS DE PRODUCIÓN ARTISTAS 2015

AXUDAS DE PRODUCIÓN ARTISTAS 2015

Datas: 
9 xuño 2015 - 1 setembro 2015

Esta convocatoria enmárcase no proxecto de visibilización ARTISTAS que a Unidade de Igualdade ven desenvolvendo dende o ano 2011 co obxectivo de apoiar ás alumnas que inician a súa andaina no campo da arte, facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional.

A esta convocatoria poden presentar proxectos alumnas da Universidade de Vigo graduadas en Belas Artes, posgraduadas no Mestrado en Arte Contemporánea, Creación e Investigación, ou matriculadas en calquera programa de doutoramento durante o curso 2014-2015.

O prazo para o envío da documentación remata o 1 de setembro de 2015. A documentación recibida despois desa data non será valorada.

+ INFO e detalles da convocatoria en arquivos descargables a continuación.