rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CHARLA / ENCONTRO. “O Vigo de Verne” - [Actividade paralela exposición ‘XULIO VERNE. Os límites da imaxinación’]

CHARLA / ENCONTRO. “O Vigo de Verne” - [Actividade paralela exposición ‘XULIO VERNE. Os límites da imaxinación’]

Datas: 
31 maio 2018
Horario: 
19.30
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
entrada libre e gratuíta ata completar aforo

 

CHARLA / ENCONTRO
“O Vigo de Verne”
[Actividades paralelas exposición ‘XULIO VERNE. Os límites da imaxinación’]
Charla-encontro en colaboración coa Sociedad Verniana de Vigo, cando se cumpren 140 anos da visita de Jules Verne á cidade.
Participan: Antonio Giráldez Lomba (vicepresidente do Instituto de Estudios Vigueses e membro da Sociedade Verniana de Vigo), e Eduardo Rolland (xornalista, membro da SVV e asesor de contidos para a exposición en Vigo)
Data: xoves 31 maio 2018
Lugar: salón de actos
Horario: ás 19.30
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

Charla-encontro en colaboración coa Sociedad Verniana de Vigo, cando se cumpren 140 anos da visita de Jules Verne á cidade.

Participan: Antonio Giráldez Lomba (vicepresidente do Instituto de Estudios Vigueses e membro da Sociedade Verniana de Vigo), e Eduardo Rolland (xornalista, membro da SVV e asesor de contidos para a exposición en Vigo)

Vigo celebra este venres 1 de xuño o 140º aniversario da primeira visita de Jules Verne. Con este motivo, o salón de actos do MARCO acolle este xoves 31 de maio unha charla-encontro sobre ‘O Vigo de Verne’, ao redor desta efeméride e da estreita relación entre a cidade e o autor de 20.000 leguas baixo dos mares. A actividade forma parte do conxunto de actividades paralelas da exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, inaugurada el 19 de abril en las salas de la planta baja del MARCO.

Organizado polo MARCO en colaboración coa Sociedad Verniana de Vigo, o encontro incluirá a proxección dun audiovisual e unha conferencia a cargo do historiador Antonio Giráldez Lomba, vicepresidente do Instituto de Estudios Vigueses e membro da Sociedad Verniana de Vigo. A presentación estará a cargo do xornalista Eduardo Rolland, membro da SVV e autor das obras Verne en la bahía del tesoro e 20.000 leguas de Verne a Vigo. Rolland é asesor de contidos da mostra sobre Xulio Verne no MARCO.

O 1 de xuño de 1878, hai agora 140 anos, Jules Verne facía a súa primeira visita a Vigo, a bordo do seu iate, o ‘Saint Michel III’. Durante catro días, o escritor de Nantes integrouse plenamente na vida social da cidade, participando na festa da Reconquista ou contemplando a procesión do Cristo da Vitoria. Recibido polas autoridades locais e convidado a festas nas sociedades recreativas, Verne tamén paseaba as rúas de Vigo, para contemplar as vistas dende a fortaleza do Castro ou tomar café na praza da Constitución ou no Café Suizo.

Unha década antes, Verne dedicara a Vigo o máis importante capítulo da súa novela 20.000 leguas baixo dos mares, no que el capitán Nemo rescata os tesouros dos galeóns afundidos na batalla de Rande. O 18 de febreiro de 2018 cumpríronse tamén 150 anos da visita literaria do submarino Nautilus á ría viguesa.

O escritor francés regresaría seis anos máis tarde, en 1884, nunha segunda visita. Ademais, deixou escritos sobre ambas as dúas visitas, desfacéndose en eloxios sobre a cidade de Vigo e a súa ría.

O MARCO acolle ata o 16 de setembro a exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, unha mostra de Fundación Telefónica na que a través de diferentes espazos se traza un percorrido sobre a obra do escritor francés, con especial atención á súa relación coa cidade de Vigo na sala ‘Mobilis in mobili’.