rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DIM 2020. 18 de maio: Día Internacional dos Museos “Museos para a igualdade: diversidade e inclusión”

Datas: 
18 maio 2020

O MARCO celebra unha data tan especial cun programa de actividades na rede, dirixidas a distintos públicos e co tema elixido polo ICOM para esta edición.
#DIM2020 #museosxigualdade

#DIM2020 #museosxigualdade
O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2020
O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, a popularidade do evento non deixou de crecer, e nel participan cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo.
Co tema “Museos para a igualdade: diversidade e inclusión”, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan. Unha diversidade que pode relacionarse con moitos temas, incluíndo orixe étnica, xénero, orientación e identidade sexual, orixe socioeconómica, nivel educativo, capacidade física, afiliación política e crenzas relixiosas.
O potencial dos museos para crear experiencias significativas para persoas de todas as orixes é unha parte fundamental do seu valor social. Como axentes de cambio e institucións nas que confiar, non hai tempo como o presente para que os museos demostren a súa relevancia ao participar construtivamente nas realidades políticas, sociais e culturais da sociedade moderna.
Dende o punto de vista do MARCO, un período como o actual convídanos máis que nunca a abordar a idea de cambio, da inclusión como necesidade, e do imprevisible como oportunidade.
 
ACTIVIDADES
SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí
Versión en vídeo da performance da artista Yolanda Herranz
 
A obra de Yolanda Herranz e a exposición “…NO, AÚN NO…” (que actualmente se exhibe no 1º andar) ofrece un excelente punto de partida en relación co tema do Día Internacional dos Museos nesta edición, e máis concretamente a instalación mural titulada SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí, que parte dunha acción —a primeira performance da artista— realizada en 2012.
Durante esta acción, un grupo de dez mulleres recita dúas series de 690 palabras que empezan por A, en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do diccionario da RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres. Unha lectura infinita, modular, reiterada, a modo de voz que se confunde e multiplica nos seus ecos.
Coincidindo co Día Internacional do Museo, o MARCO ofrecerá na súa web e canle de Youtube unha versión gravada desta performance, exemplo da traxectoria pioneira de Yolanda Herranz na vindicación feminista; unha obra que parte da reflexión individual e que se converte en voz pública, colectiva.
Participantes:
Yolanda Herranz Pascual (artista), Pilar Souto Soto (comisaria), Mónica Lago Tomé (Agrupación Amiga do MARCO), Patricia Verdial Garay (Secretaría MARCO), Carla Beatriz Mañas Gallidoro (asistente Agrupación Amiga do MARCO), María Xosé Martínez Pérez (Didáctica MARCO), Sara Loureiro Araujo (asistente Coordinación MARCO), Iria Fernández Mouriz (Biblioteca-Centro de documentación MARCO), Arancha Aguete de Pazos (historiadora da arte), Celeste Garrido Meira (artista)
Destinatarios: público en xeral
 
PROGRAMA CHEAPCUTS / Curtas documentais sobre identidade
Selección e proxección en streaming de tres documentais en versión orixinal con subtítulos en español
 
En colaboración con: Mestrado en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo
Luns, 18 de maio ás 20.00
 
Cheap Cuts Documentary Film Festival propón un programa que inclúe a proxección de tres curtametraxes en versión orixinal con subtítulos en español, seguido dunha sesión de coloquio en inglés coas directoras. O subtitulado ao español é froito dun convenio de colaboración co Mestrado en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo.
Cheap Cuts Documentary Film Festival é o único festival de Reino Unido e uns dos poucos festivais a nivel mundial dedicados exclusivamente á promoción da curtametraxe documental. Creado no ano 2015 por Natalia Garay e Vera Hems e formado por un equipo de profesionais do audiovisual de diversas disciplinas e empresas como Dogwoof Distributions, Universal Music Group e Festival Scope entre outras. 
Neste programa teremos a oportunidade de explorar historias diversas de mulleres que loitan por defender a súa identidade. As curtametraxes escollidas son exemplo da grande variedade de perspectivas e estilos que atopamos na curtametraxe documental e foron proxectadas e galardoadas en festivais e mostras internacionais de todo o mundo.
PROGRAMA
For Paradise - Elizabeth Webb - USA, 25 min. V.O.S.E 
Girl Hearted - Anne Scheschonk - Alemaña, 2017, 37 min. V.O.S.E 
Yarl's Wood - Jade Jackman, UK. 4 min. V.O.S.E 
 
UNHA PAISAXE DE PAISAXES
Obradoiro en colaboración con APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral
Actividade complementaria da exposición “Manuel Colmeiro: espazos e encadramentos”
 
A paisaxe, como xénero da pintura, adquire nas mans dun artista como Manuel Colmeiro una forte dimensión lírica e simbólica, como representación dun lugar rememorado e evocado dende a distancia. Esta actividade toma como punto de partida imaxes das paisaxes de Colmeiro presentes na exposición, para imaxinar e recrear os sons, olores e texturas presentes nese lugar. Un xogo no que entran en acción todos os sentidos.
A actividade, levada a cabo nos talleres do centro de Navia de APAMP en Vigo, e aberta á participación de todas as persoas usuarias e familias da Asociación a través da rede, dará como resultado unha peza audiovisual composta por diferentes historias (obras gráfico-plásticas, fotografías, audios narrativos e descritivos, poemas, frases, anacos literarios…) sobre a nosa paisaxe preferida, ou imaxinada.
Participantes: usuarios e equipo talleres APAMP en colaboración co MARCO
Destinatarios: público en xeral, público familiar, infantil e adulto
 
VIVA A DIFERENZA!
A partir do cartel deseñado polo ICOM para o DIM 2020, lanzamos unha convocatoria en redes para re-crealo en distintas versións. Pode ser coloreado, cortado, ou transformado por calquera persoa que se anime a participar, compartindo a súa visión a través das redes sociais. O resultado: novos carteis colectivos, que salientan a diferenza e a súa potencia como valor individual que ao tempo compón un grupo.
Destinatarios: público en xeral
   
PROXECTOS QUE CONTAN, ARTISTAS QUE SUMAN
Dende a Biblioteca-Centro de documentación MARCO, coincidindo coa celebración do DIM, compartimos co público a nosa particular selección de artistas e proxectos que están presentes nos nosos fondos bibliográficos, e cuxo contido xira ao redor da diversidade e a inclusión.
   
Selección: Biblioteca-Centro de documentación MARCO
Destinatarios: público en xeral
 
E TI, COMO O VIVES?
Diálogo interxeracional en colaboración coa ONG Grandes Amigos
 
Grandes Amigos é unha organización de voluntariado sen ánimo de lucro, que traballa dende 2003 para ofrecer compañía, afecto e amizade ás persoas maiores que senten soidade non desexada.
Con ocasión do Día dos Museos, e mediante a colaboración e complicidade dalgunhas das persoas voluntarias da ONG, poñemos en marcha esta proposta interxeracional mediante videoconferencias gravadas e compartidas despois a través das canles de difusión do MARCO. Un peculiar diálogo no que o eixo son varias preguntas relacionadas coas súas vivencias durante este período de illamento: vivencias que teñen que ver coa percepción e a mirada —sexa dende as fiestras das súas vivendas, ou a través das pantallas/fiestras virtuais abertas ao exterior—, e especialmente relacionadas con actividades culturales e de ocio como resortes de benestar.
Participantes: persoal voluntario da ONG Grandes Amigos, en colaboración co MARCO
Destinatarios: público en xeral
A MIÑA VIAXE AO POSIBLE
Sacando partido da conexión virtual entre participantes nesta etapa de confinamento —na que o curso de cinema segue en marcha a través da rede—, convocámoslles a unha reflexión ao redor do concepto do “posible” no cine. A idea é que cada participante achegue unha escena cinematográfica que para esa persoa condense a loita pola inclusión e o respecto pola diversidade, relacionado con calquera dos obxectivos propostos polo ICOM para esta edición.
Destinatarios: participantes curso cinema “Viajes a lo imposible”

O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2020

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, a popularidade do evento non deixou de crecer, e nel participan cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo.Co tema “Museos para a igualdade: diversidade e inclusión”, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan. Unha diversidade que pode relacionarse con moitos temas, incluíndo orixe étnica, xénero, orientación e identidade sexual, orixe socioeconómica, nivel educativo, capacidade física, afiliación política e crenzas relixiosas.O potencial dos museos para crear experiencias significativas para persoas de todas as orixes é unha parte fundamental do seu valor social. Como axentes de cambio e institucións nas que confiar, non hai tempo como o presente para que os museos demostren a súa relevancia ao participar construtivamente nas realidades políticas, sociais e culturais da sociedade moderna.Dende o punto de vista do MARCO, un período como o actual convídanos máis que nunca a abordar a idea de cambio, da inclusión como necesidade, e do imprevisible como oportunidade. 

ACTIVIDADES

SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí

Versión en vídeo da performance da artista Yolanda Herranz Pascual
Con a colaboración de: 

A obra de Yolanda Herranz e a exposición “…NO, AÚN NO…” (que actualmente se exhibe no 1º andar) ofrece un excelente punto de partida en relación co tema do Día Internacional dos Museos nesta edición, e máis concretamente a instalación mural titulada SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí, que parte dunha acción —a primeira performance da artista— realizada en 2012.

Durante esta acción, un grupo de dez mulleres recita dúas series de 690 palabras que empezan por A, en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do diccionario da RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres. Unha lectura infinita, modular, reiterada, a modo de voz que se confunde e multiplica nos seus ecos.

Coincidindo co Día Internacional do Museo, o MARCO ofrecerá na súa web e canle de Youtube unha versión gravada desta performance, exemplo da traxectoria pioneira de Yolanda Herranz na vindicación feminista; unha obra que parte da reflexión individual e que se converte en voz pública, colectiva.

Participantes:Yolanda Herranz Pascual (artista), Pilar Souto Soto (comisaria), Mónica Lago Tomé (Agrupación Amiga do MARCO), Patricia Verdial Garay (Secretaría MARCO), Carla Beatriz Mañas Gallidoro (asistente Agrupación Amiga do MARCO), María Xosé Martínez Pérez (Didáctica MARCO), Sara Loureiro Araujo (asistente Coordinación MARCO), Iria Fernández Mouriz (Biblioteca-Centro de documentación MARCO), Arancha Aguete de Pazos (historiadora da arte), Celeste Garrido Meira (artista)
Destinatarios: público en xeral 

PROGRAMA CHEAPCUTS / Curtas documentais sobre identidade

Selección e proxección en streaming de tres documentais en versión orixinal con subtítulos en español 
En colaboración con: Mestrado en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo
Luns, 18 de maio ás 20.00

Para visualizar o directo
https://www.youtube.com/user/museomarcoTV/live

Cheap Cuts Documentary Film Festival propón un programa que inclúe a proxección de tres curtametraxes en versión orixinal con subtítulos en español, seguido dunha sesión de coloquio en inglés coas directoras. O subtitulado ao español é froito dun convenio de colaboración co Mestrado en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo.

Cheap Cuts Documentary Film Festival é o único festival de Reino Unido e uns dos poucos festivais a nivel mundial dedicados exclusivamente á promoción da curtametraxe documental. Creado no ano 2015 por Natalia Garay e Vera Hems e formado por un equipo de profesionais do audiovisual de diversas disciplinas e empresas como Dogwoof Distributions, Universal Music Group e Festival Scope entre outras. 

Neste programa teremos a oportunidade de explorar historias diversas de mulleres que loitan por defender a súa identidade. As curtametraxes escollidas son exemplo da grande variedade de perspectivas e estilos que atopamos na curtametraxe documental e foron proxectadas e galardoadas en festivais e mostras internacionais de todo o mundo.

PROGRAMA

For Paradise - Elizabeth Webb - USA, 25 min. V.O.S.E 

Girl Hearted - Anne Scheschonk
- Alemaña, 2017, 37 min. V.O.S.E 

Yarl's Wood - Jade Jackman,
UK. 4 min. V.O.S.E  

UNHA PAISAXE DE PAISAXES

Obradoiro en colaboración con APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral
Actividade complementaria da exposición “Manuel Colmeiro: espazos e encadramentos”  

A paisaxe, como xénero da pintura, adquire nas mans dun artista como Manuel Colmeiro una forte dimensión lírica e simbólica, como representación dun lugar rememorado e evocado dende a distancia. Esta actividade toma como punto de partida imaxes das paisaxes de Colmeiro presentes na exposición, para imaxinar e recrear os sons, olores e texturas presentes nese lugar. Un xogo no que entran en acción todos os sentidos.

A actividade, levada a cabo nos talleres do centro de Navia de APAMP en Vigo, e aberta á participación de todas as persoas usuarias e familias da Asociación a través da rede, dará como resultado unha peza audiovisual composta por diferentes historias (obras gráfico-plásticas, fotografías, audios narrativos e descritivos, poemas, frases, anacos literarios…) sobre a nosa paisaxe preferida, ou imaxinada.

Participantes: usuarios e equipo talleres APAMP en colaboración co MARCO
Destinatarios: público en xeral, público familiar, infantil e adulto 

VIVA A DIFERENZA!

A partir do cartel deseñado polo ICOM para o DIM 2020, lanzamos unha convocatoria en redes para re-crealo en distintas versións. Pode ser coloreado, cortado, ou transformado por calquera persoa que se anime a participar, compartindo a súa visión a través das redes sociais. O resultado: novos carteis colectivos, que salientan a diferenza e a súa potencia como valor individual que ao tempo compón un grupo.

Destinatarios: público en xeral   

PROXECTOS QUE CONTAN, ARTISTAS QUE SUMAN

Dende a Biblioteca-Centro de documentación MARCO, coincidindo coa celebración do DIM, compartimos co público a nosa particular selección de artistas e proxectos que están presentes nos nosos fondos bibliográficos, e cuxo contido xira ao redor da diversidade e a inclusión.   

Selección: Biblioteca-Centro de documentación MARCO
Destinatarios: público en xeral 

E TI, COMO O VIVES?

Diálogo interxeracional en colaboración coa ONG Grandes Amigos  

Grandes Amigos é unha organización de voluntariado sen ánimo de lucro, que traballa dende 2003 para ofrecer compañía, afecto e amizade ás persoas maiores que senten soidade non desexada.

Con ocasión do Día dos Museos, e mediante a colaboración e complicidade dalgunhas das persoas voluntarias da ONG, poñemos en marcha esta proposta interxeracional mediante videoconferencias gravadas e compartidas despois a través das canles de difusión do MARCO. Un peculiar diálogo no que o eixo son varias preguntas relacionadas coas súas vivencias durante este período de illamento: vivencias que teñen que ver coa percepción e a mirada —sexa dende as fiestras das súas vivendas, ou a través das pantallas/fiestras virtuais abertas ao exterior—, e especialmente relacionadas con actividades culturales e de ocio como resortes de benestar.

Participantes: persoal voluntario da ONG Grandes Amigos, en colaboración co MARCO
Destinatarios: público en xeral

A MIÑA VIAXE AO POSIBLE

Sacando partido da conexión virtual entre participantes nesta etapa de confinamento —na que o curso de cinema segue en marcha a través da rede—, convocámoslles a unha reflexión ao redor do concepto do “posible” no cine. A idea é que cada participante achegue unha escena cinematográfica que para esa persoa condense a loita pola inclusión e o respecto pola diversidade, relacionado con calquera dos obxectivos propostos polo ICOM para esta edición.Destinatarios: participantes curso cinema “Viajes a lo imposible”