rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Eloy Enciso. "Arraianos"

Eloy Enciso. "Arraianos"

Datas: 
16 maio 2014 - 17 maio 2014
Horario: 
Dobre pase: venres 16 e sábado 17 de maio ás 19.30
Lugar: 
PATIO A1.PLANTA BAIXA
Prezo: 
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas

Eloy Enciso

Arraianos

España / 2012 / 70 min / Cor

Neste retrato sobre un pequeno pobo perdido nos bosques entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e soños fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque, do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle. Unha película sobre o tempo, a memoria e a musicalidade da palabra.

Nado en Meira (Lugo), Eloy Enciso estudou dirección de documental na Escuela Internacional de Cine de San Antonio de los Baños, Cuba. Tras as súas primeiras curtametraxes, en 2007 completa a súa primeira longametraxe, Pic-nic, que participa en festivais internacionais e obtén premios dentro e fóra de España. O seu derradeiro traballo, Arraianos (2012), tivo un amplo percorrido por festivais de referencia internacional como Locarno, Viennale, Doclisboa, Montreal, BAFICI ou Sevilla, obtendo nestes dous últimos o premio ao mellor filme. Eventualmente traballa como programador de cine ou impartindo obradoiros e cursos na materia. Antes de se dedicar ao cinema, graduouse en Ciencias Ambientais.