rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Festival VERTIXE VIGO ‘13

Festival VERTIXE VIGO ‘13

Datas: 
18 outubro 2013 - 3 novembro 2013
Lugar: 
salón de actos


Organiza: Vertixe Sonora, en colaboración co MARCO
Datas: 18, 19 e 20 de outubro; 1, 2 e 3 de novembro

Vertixe Vigo ‘13 é unha nova proposta de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla da creación sonora internacional. Organizada por Vertixe Sonora —un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre música e outras artes— en cooperación con Musicadhoy, conta coa colaboración do MARCO, onde terá lugar unha parte dos concertos e obradoiros. Agrupada en diferentes bloques, a programación desenvolverase en varios puntos da cidade e abrangue concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, intervencións en espazos públicos, instalacións sonoras, obradoiros especializados, cursos de divulgación e actividades de dinamización para os máis novos.

CONCERTO
Carlos Suárez + Miguel Negrão
18 outubro, ás 21.00
Salón de actos

OBRADOIRO
Miguel Negrão. ‘Introdución ao ámbito de audio dixital SuperCollider’
19 e 20 outubro
Salón de actos
Previa inscrición. Prazas limitadas

CONCERTO
Ulobit + kanukananina (Miguel Pipa)

Ulobit [Ariel Ninas, zanfona - Horacio González, vídeo - Xoan Xil, electrónica]
kanukanakina (Miguel Pipa) [xoguetes e aparellos electrónicos modificados]

Ulobit [Ariel Ninas, zanfona - Horacio González, vídeo - Xoan Xil, electrónica]kanukanakina (Miguel Pipa) [xoguetes e aparellos electrónicos modificados]
1 novembro, ás 21.00
Salón de actos
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

No derradeiro concerto do ciclo de Novos Medios, comisariado polo Instituto Galego de Sonoloxía, teremos unha cita co trío multimedia galego Ulobit, que virá cunha proposta moi especial na que un instrumento tradicional como a zanfona, actúa e influencia a xeración de imaxes e música en tempo real. O segundo set da noite estará a cargo do portugués kanukanakina, mestre do curtocicuíto aplicado e buscador de músicas ocultas en xoguetes e outros aparellos electrónicos.

+ info www.ulobit.net
+ info www.miguelpipafilipe.wordpress.com

OBRADOIRO
Miguel Pipa. ‘Circuit Bending’

Sábado, 2 de novembro, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingo, 3 de novembro, de 11.00 a 14.30
Salón de actos
Inscrición: 20 €
Número máximo de participantes: 12
Destinatarios: músicos, artistas, científicos e público en xeral
Información e inscricións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com

A música e a arte son en ocasións o resultado de casualidades ou accidentes que acontecen durante o proceso creativo, brindando oportunidades para explorar novas formas e novas ideas. A busca de tales casualidades é a esencia do circuit bending (a exploración e modificación de sons en circuítos electrónicos existentes cun fin artístico). O curtocircuíto aplicado consiste en descubrir o mundo sonoro agochado en xoguetes electrónicos, sintetizadores, pedais de efectos, samplers, walkie-talkies, reprodutores de casete, teléfonos e demais aparatos, recoñecendo a súa potencialidade como instrumentos musicais cunha sonoridade única. Unha serie de "extensións" (compoñentes, botóns, células fotoeléctricas...) poden preparalos para unha interacción humana baixo unha óptica musical, abrindo novas posibilidades para crear e controlar sons. A experimentación é unha ferramenta fundamental neste proceso, no que con espírito lúdico, descubrimento e creación resultan inseparables. O obxectivo principal do obradoiro é que cada participante faga polo menos un instrumento a partir de aparatos electrónicos.

Miguel Pipa naceu en 1980 en Vila do Conde (Portugal). O seu primeiro contacto coa música foi a través da guitarra e a batería. Interesado dende idade temperá por descubrir novas sonoridades, axiña se achegou á exploración da música electrónica por software, e pouco despois, dende perspectivas que abranguesen aspectos de (de)construción como hacking, circuit bending, DIY ou glitch. Participou en obradoiros como Repensar Música Electrónica con Rafael Toral, Construción de Instrumentos con Rolf Gehlhaar, Software Bending con Ángel Faraldo e o seminario Connected Making con Peter Kirn. Como formador, conduciu obradoiros de circuit bending na Casa da Música (O Porto), LCD (Guimarães) e o Festival Circular (Vila do Conde). En 2000 nace kanukanakina, o seu proxecto performativo.

+ info www.miguelpipafilipe.wordpress.com