rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
IX Festival Imaxinasons no MARCO

IX Festival Imaxinasons no MARCO

Datas: 
1 xullo 2013 - 5 xullo 2013

CONCERTOS


Hyperpotamus
luns, 1 de xullo 
MARCO. Salón de actos, 20:30, 3€

Nacido en Tokyo, aínda que con nacionalidade
española e infancia viaxeira, Jorge Ramírez Escudero é
Hyperpotamus. Ou o que é o mesmo, un home
orquestra que traballa co seu corpo. Funk, soul, hiphop…
o xogo vogal de Hyperpotamus crea bucles,
loops, cos que xoga e surprende á audiencia. A súa
proposta levouno á pasada edición do Festival de Jazz
de Londres, cidade na que está residindo desde hai
algúns anos

Nacido en Tokyo, aínda que con nacionalidade española e infancia viaxeira, Jorge Ramírez Escudero éHyperpotamus. Ou o que é o mesmo, un homeorquestra que traballa co seu corpo. Funk, soul, hiphop…o xogo vogal de Hyperpotamus crea bucles,loops, cos que xoga e surprende á audiencia. A súa proposta levouno á pasada edición do Festival de Jazz de Londres, cidade na que está residindo desde hai algúns anos

Molimo. Chefa Alonso, saxo soprano, Barbara Meyer, violonchelo, Cova Villegas, voz
martes, 2 de xullo 
MARCO. Salón de actos,  20:30, 3€

A música deste trío de improvisadoras pode definirse como unha viaxe sen medo para crear texturas asimétricas e suxestivas. Entretecen delicados fíos e constrúen madeixas de vivas cores, onde non se escatima a aspereza, o contraste, a dozura, a forza, a melancolía, a poesía.

SSS-Q Susana Santos Silva + Jorge Queijo
mércores, 3 de xullo
MARCO. Salón de actos, 20.30, 3€

Co seu debut en 2011 co disco Devil´s Dress, a trompetista Susana Santos Silva (Porto, 1979) converteuse nunha das figuras do novo jazz portugués. Forma parte da Orquestra Jazz de Matosinhos desde hai quince anos e participa tamén no European Movement Jazz Orchestra. Chega a Imaxina Sons xunto ao batería Jorge Queixo. Xuntos, nas súas palabras, vagan polos camiños do free jazz e da experimentación promovendo unha relación orgánica entre trompeta e batería. Dous músicos veciños do Porto con experiencias musicais eclécticas e formas singulares de sentir o mundo.

ACADEMIA DE SONS. TALLERES 



Achegamento á improvisación e ao jazz. Obradoiro
Martes 2 xullo. 11:00 h a 14:00 h.
Laboratorio das Artes do MARCO
Imparte: Chefa Alonso
Recomendado a partir de 12 anos con coñecementos de música ou iniciados nalgún instrumento
Prazas limitadas: 15

Se estudas, compós, interpretas, escoitas ou amas a música experimental e a improvisación, non o penses. Este é o teu sitio.

Cacharrófono. Obradoiro
Mércores 3 xullo. 11:00 h a 13:00 h.
Laboratorio das Artes MARCO
Imparte: Taller Sonoro Premusical, Vigo
De 6 a 12 anos
Prazas limitadas : 15

Para esas nenas e nenos que fan música con calquera obxecto de uso cotián. Construirán os seus propios instrumentos a partir de cacharros de cociña.

Dálle á manivela! Obradoiro
Xoves 4 xullo. 11:00 h a 13:oo h
Laboratorio das Artes do MARCO 
Imparte: Germán Díaz
Recomendado para público xeral partir de 9 anos
Prazas limitadas: 15

Germán Díaz, músico e investigador, trae consigo unha colección de instrumentos de manivela. Coa súa axuda converterédesvos en compositores e intérpretes.

Cabaré & Jazz. Obradoiro
Venres 5 xullo. 18:00 h-20:00
Laboratorio das Artes do MARCO 
Imparte: Iria Pinheiro
Recomendado a partir de 18 anos
Prazas: 20

Non é necesario máis nada que ganas de desinhibirte e pasalo ben nun obradoiro que traballa coa expresión corporal, co baile, co canto e, tamén, co sentido do humor.

Para consultar a programación completa do Festival, preme aquí