rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Juan Loriente e  Nekane Santamaría, "Vigo vigor vigorizante 26"

Juan Loriente e Nekane Santamaría, "Vigo vigor vigorizante 26"

Datas: 
9 maio 2014 - 10 maio 2014
Horario: 
19:30
Lugar: 
PATIO A1.PLANTA BAIXA
Prezo: 
Gratuíta ata compretar aforo

A exposición ‘VERANEANTES’ inclúe un programa de artes escénicas e cine, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se vén desenvolvendo en paralelo á mostra. Coincidindo coa prórroga da exposición, o ciclo ‘Material Memoria’ prolóngase agora durante o mes de maio, con novas propostas que terán lugar nas vindeiras semanas no Patio 1 da planta baixa.

Este venres e sábado, o programa dá comezo con Juan Loriente e Nekane Santamaría, que presentan unha peza escénica realizada especificamente para este ciclo en Vigo, e cuxo título está inspirado no poeta e dramaturgo Carlos Fernández.

Vigo vigor vigorizante 26

Estes cus que son cruces de camiños dende a alma. Paseantes solitarios por esta cidade que me acolleu e me acolle. Recibo os impactos de recordos en cada letreiro, cada recuncho. Nos rostros cos que comparto semáforo, espera. A memoria actívase e desprega a experiencia acumulada no inconsciente. Son o que vivín aquí. O que vivo e vivirei alá onde me atope. Dicíame Manuel, aos seus 96 anos, que o que o mantiña vivo e cordo é a capacidade que ten a memoria de esquecer. E ti adoitábasme dicir: "Que non che poida a experiencia".

Juan Loriente e Nekane Santamaría coñécense en Madrid en 1992. En 1994 crean a plataforma ENCUENTRO DE DOS INTIMIDADES e presentan a súa primeira proposta no festival de performance da Facultad de Bellas Artes de Cuenca. Dende entón percorren a vida, entre o escénico e o cotián dun semáforo, nun glaciar da Patagonia ou nun escenario de Suecia.