rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Kathleen Forde

 

Dende 2005, Kathleen Forde é comisaria xefe do Experimental Media and Performing Arts Center (EMPAC), Rensselaer Polytechnic Institute de Troy, Nova York. EMPAC —inaugurado en outubro de 2008— é unha institución dedicada á presentación e produción de traballos multidisciplinares, dende a instalación new media á performance experimental. Anteriormente, Kathleen Forde fue foi comisaria xefe de live arts y new media no Goethe Institut Internationale en Berlín e Múnic, e desempeñou este posto conxuntamente cunha bolsa de investigación Alexander von Humboldt (2002-2003). Como comisaria asociada e despois comisaria asistente de media arts en SFMOMA (1999–2002) foi co-comisaria da gran mostra interdisciplinar 010101 Art in Technological Times, ademais do seu traballo na colección permanente e exposicións temporais. Tamén comisariou e escribiu textos como freelance para eventos e institucións como Eyebeam Center for Art and Technology, Independent Curators International; ATA Cultural, Perú; Dusseldorf Kunstverein; Cologne Kunstverein; e Philadelphia Museum of Art.