rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
The last picture show.  Artistas que fan uso da fotografía. Tendencias conceptuales de1960-1982

The last picture show. Artistas que fan uso da fotografía. Tendencias conceptuales de1960-1982

Ficha

Datas: 
28 maio 2004 - 19 setembro 2004
Lugar: 
Planta Baixa
Horario: 
martes a domingo (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00
Produción: 
Walker Art Center
Comisariado: 
Douglas Fogle

Obras na exposición

A exposición inclúe perto de 200 obras, na súa maioría fotografías, desde caixas de luz ata polaroids, pasando por todo tipo de formatos e soportes, ademais de proxeccións de diapositivas, obxectos realizados con fotografías, revistas nas que os artistas publicaban as súas obras, e libros de artista, entre outras pezas.

Itinerancia

  • Minneapolis, Minnesota (11 outubro 2003 -4 xaneiro 2004)
  • UCLA Hammer Museum, Los Angeles, California (8 febreiro -11 maio 2004)
  • MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, España (28 maio -19 setembro 2004)
  • Fotomuseum Winterthur, Zurich, Suiza (26 novembro 2004 -13 febreiro 2005)

Síntese do proxecto

A exposición THE LAST PICTURE SHOW: Artistas que usan a fotografía. Tendencias conceptuais de 1960 a 1982, unha producción do Walker Art Center de Minneapolis, explora os novos usos e tendencias conceptuais da fotografía durante dúas décadas fundamentais na estética contemporánea. O MARCO de Vigo acolle esta mostra, en exclusiva para España, como unha oportunidade única de contemplar obras de artistas que, pola súa calidade e características, convertíronse en referentes da historia da arte contemporánea internacional. The Last Picture Show inclúe préstamos dun importante conxunto de coleccionistas privados, galerías e museos de todo o mundo, ademais de numerosas obras pertencentes á colección permanente do Walker Art Center.

Cando, a mediados da década dos 50, a fotografía logrou cruzar con éxito o abismo que separaba a reproducción mecánica da obra de arte, atopou o seu propio espacio en museos e galerías, mentres os seus autores se unían ás filas de artistas respetados. Sen embargo, esta aceptación supuxo tamén novos retos para este medio e para a súa recén adquirida posición de prestixio. Un desafío representado por artistas que eran principalmente pintores e escultores, e que non se consideraban a si mesmos fotógrafos.

Esta mostra explora o desenvolvemento das tendencias conceptuais na fotografía de posguerra, desde os seus primeiros pasos nos anos 60, en traballos de artistas como Bernd & Hilla Becher, Edward Ruscha e Bruce Nauman, ata o seu ascenso á preeminencia mundial, na obra de artistas fotográficos de finais dos 70 y principios dos 80, como Sherrie Levine, Richard Prince e Cindy Sherman. Esta exposición ofrece unha xenealoxía do nacemento dunha práctica fotográfica aínda hoxe poderosa e en evolución. A conforman case 200 obras de 55 artistas que cubren unha grande diversidade de temas, que amplían os parámetros da fotografía moderna, sen perder de vista as orixes da práctica fotográfica no século XIX.

A través da inclusión de obras que se centran en intervencións arquitectónicas e ambientais, no mundo de imáxenes da cultura de masas, e no tratamento do cuerpo no espacio ou na representación do absurdo, The Last Picture Show pretende documentar a importancia dun conxunto de prácticas fotográficas desenvoltas por artistas que non eran necesariamente fotógrafos. O pintor Sigmar Polke iniciou a mediados dos 60 o que se convertiría nunha obsesión por a cámara, que lle levou a realizar experimentos fotográficos co as formas escultóricas e co a alquimia do propio proceso de revelado. No 1966, Bruce Nauman vóllvese cara a cámara como unha maneira de documentar actos escultóricos que participaban do conceptual, do fotográfico y da performance.

Estes e moitos outros artistas incluídos na mostra utilizan o proceso fotográfico con finalidade conceptual oposta aos modelos artísticos predominantes na fotografía, na pintura e na escultura. En realidade, estas prácticas liberaron a fotografía da súa anterior subordinación á pintura e á escultura. A finais dos 60 quedaba claro que os usos experimentais e conceptuais da fotografía gañaban forza e credibilidade no mundo da arte internacional.

A principios dos 80, ó pracer asociado co disfrute erudito da tradición da copia fotográfica maestra uniuse unha nova actitude cara á fotografía que estaba máis interesada no seu uso para fines conceptuais que nas intencións estéticas dos seus predecesores. É este legado o que atopa os seus herdeiros na nova xeración de fotógrafos que explora The Last Picture Show.

 

Artistas

    Bas Jan Ader
    Adrian Piper
    Allen Ruppersberg
    Ana Mendieta
    Andy Warhol
    Barbara Kruger
    Bernd & Hilla Becher
    Bruce Conner
    Bruce Nauman
    Charles Ray
    Christian Boltanski
    Cindy Sherman
    Dan Graham
    David Lamelas
    Dennis Oppenheim
    Douglas Huebler
    Edward Ruscha
    Eleanor Antin
    Ger van Elk
    Gilbert & George
    Giovanni Anselmo
    Giulio Paolini
    Giuseppe Penone
    Gordon Matta-Clark
    Hannah Wilkie
    Hans Haacke
    Hans-Peter Feldmann
    Hélio Oiticica & Neville d'Almeida
    Imi Knoebel
    James Welling
    Jan Dibbets
    Jeff Wall
    John Baldessari
    Joseph Beuys
    Laurie Simmons
    Louise Lawler
    Marcel Broodthaers
    Martha Rosler
    Mel Bochner
    Nasreen Mohamedi
    Peter Fischli & David Weiss
    Richard Long
    Richard Prince
    Robert Smithson
    Robert Watts
    Sarah Charlesworth
    Sherrie Levine
    Sigmar Polke
    Silvia Kolbowski
    Sol LeWitt
    Valie Export
    Victor Burgin
    Vito Acconci
    William Wegman
    Yves Klein

Texto curatorial

Percorrido da exposición


The Last Picture Show organízase en torno a varios temas presentes na fotografía conceptual, que abranguen dende as series arquitectónicas de Bernd & Hilla Becher ou Dan Graham, que abordan a análise fotográfica das estructuras arquitectónicas dos anos 60, centrándose na análise formal e social do contorno edificado, ata as xeometrías minimalistas de Mel Bochner, Sol LeWitt ou a artista india Nasreen Mohamedi, pasando pola profusión de imaxes atopadas nos medios de comunicación de masas, que suscitaron o interese de artistas como Christian Boltanski ou Hans-Peter Feldmann durante os anos 60 e 70.

Outros aspectos contemplados na mostra teñen que ver con intervencións fotográficas dos artistas en contornos naturais e edificados: na obra de Gordon Matta Clark e Robert Smithson, por exemplo, a cámara convírtese nun cómplice estético que documenta e ó tempo completa a obra de arte. Tamén as estratexias conceptuais de artistas como Dennis Oppenheim e Douglas Huebler nos anos 70 teñen o seu lugar nesta mostra, así como a utilización da fotografía para a construcción de escenarios que xogan coa incongruencia e mailo absurdo, como na obra fotográfica de Bas Jan Ader, Ger van Elk, William Wegman, e Peter Fischli & David Weiss. E non se podía deixar de lado a paisaxe, tradicionalmente o xénero máis importante tanto na pintura como na fotografía: durante os anos 60 e 70, un bo número de artistas, entre os que se inclúen Jan Dibbets, Richard Long e Giovanni Anselmo, embarcáronse nunha serie de proxectos fotográficos que pretendían revisa-la historia cultural da paisaxe.

O corpo no espazo ten sido tamén obxecto fundamental da fotografía dende a súa invención a principios do século XIX. Nas décadas dos 70 e 80 unha grande variedade de artistas reafirmou a personificación mediante traballos de performance que adoitaban executarse só diante da cámara. Vito Acconci foi un dos innovadores fundamentais neste terreo, e outros artistas como Bruce Nauman, Charles Ray e Bruce Conner utilizaron os seus propios corpos para realizar experimentos fotográfico-escultóricos nos seus estudios. Pola súa banda, Valie Export, coñecida polas súas performances que cuestionaban o papel de homes e mulleres na sociedade, realizou un conxunto de obras fotográficas conceptuais nos anos 70.

Emparentado co corpo no espacio está tamén o uso do autorretrato como instrumento ou medio de percura da identidade. Os primeiros traballos de Gilbert & George, ou as series de Hannah Wilke e Adrian Piper, son ilustrativos da utilización da cámara para exploración dos problemas de identidade. Unha pescuda que continúa nos anos 70, no que moitos críticos denominaron a mascarada, representada aquí nas obras de David Lamelas e Cindy Sherman ou nos autorretratos de Andy Warhol vestido de muller, imaxes que á súa vez se relacionan cos retratos de Marcel Duchamp vestido como o seu alter ego Rrose Sélavy.

Finalmente, o mundo de los media, o "mundo de imaxes" da cultura de consumo, que se convertiu na característica definidora dos usos fotográficos desde finais dos 70 ata ben entrados os 80 (John Baldessari, Barbara Kruger, Sarah Charlesworth), e as estratexias de apropiación características dos usos estéticos da década dos 80 (Sherrie Levine, Richard Prince) son outros dos aspectos presentes na fotografía conceptual, neste caso centrada nos los sistemas de circulación de imaxes nos media e na identidade norteamericana dos anos 80.

 

Comisariado

Douglas Fogle

Douglas Fogle é comisario asociado de artes visuais do Walker Art Center de Minneapolis, e organizou a exposición titulada The Last Picture Show: Artists Using Photography. 1960-1982. Durante o tempo que traballou para o Walker Art Center, Fogle realizou outras exposicións, incluíndo as tituladas Stills: Emerging Photography in the 1990s, en 1997; Painting at the Edge of the World, en 2001; Catherine Opie: Skyways and Icehouses, en 2002; e Julie Mehretu: Drawing into Painting, en 2003.