rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
"A MIÑA FOTO FAVORITA"

"A MIÑA FOTO FAVORITA"

Datas: 
13 novembro 2010 - 14 novembro 2010
Horario: 
sábado 13 de novembro, entre as 17.00 e as 20.00; domingo 14 de novembro, entre as 17.00 e as 20.00
Lugar: 
salas da planta baixa

Actividade en torno á exposición de Virxilio Vieitez
PARTICIPA!!

O vindeiro sábado 13 de novembro, o MARCO cumprirá oito anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de novembro terá lugar a festa do 8º aniversario.

Unha das actividades programadas para eses días consiste nunha convocatoria aberta ao público, relacionada coa exposición de VIRXILIO VIEITEZ, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa.

Nesta actividade, chamada "A MIÑA FOTO FAVORITA", pode participar calquera persoa interesada, e consiste en elixir unha das fotografías presentes na exposición, para falar dela á vista do público, durante un máximo de 15 minutos.

O tema da charla pode estar relacionado con calquera aspecto desa fotografía -sexa unha experiencia persoal ou familiar, unha lembranza, unha historia, un obxecto na que foi tomada a fotografía, un texto literario, unha análise estética...- polo que está aberto a múltiples posibilidades.

As intervencións terán lugar nas propias salas de exposición, á vista do público, e organizaranse en quendas dun máximo de 15 minutos, dentro destes horarios:

Sábado 13 de novembro, entre as 17.00 e as 20.00
Domingo 14 de novembro, entre as 17.00 e as 20.00

As persoas interesadas poden inscribirse dende o sábado 6 ata o xoves 11 de novembro, deixando os seus datos de contacto, indicando horario preferente e identificando a fotografía elixida:

  • Na taquilla do MARCO, en horario de 11.00 a 21.00 (martes e sábados) e de 11.00 a 15.00 (domingos)

  • Por correo-e: departamento.exposiciones@marcovigo.com

  • Por teléfono: 986 113900 / 113908 / 113903 (María, Marta ou Pilar)

Elixe o teu Vieitez favorito e anímate a participar!