rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Presentación do libro ESCRITOS. CARLOS ALCOLEA

Presentación do libro ESCRITOS. CARLOS ALCOLEA

Datas: 
9 outubro 2023
Horario: 
19.00
Lugar: 
MARCO, Galería A3 (planta baixa)

Coa participación de Óscar Alonso Molina (autor) e Miguel Fernández-Cid (director do MARCO)

Escritos de Carlos Alcolea. Óscar Alonso Molina (ed.)
Madrid, Fire Drill Ediciones, 2023 

A teoría estética e o proceso creativo do pintor Carlos Alcolea (A Coruña, 1949-Madrid, 1992), son probablemente dos máis densos e interesantes do panorama artístico nacional do último terzo do século XX. A innegable dificultade para internarse na súa poética cede agora un pouco grazas a este libro onde se achegan por vez primeira ao público os textos inéditos que o artista deixou tras a súa desaparición. Notas, aforismos e escritos breves enchidos de iluminacións, onde o conceptual non atopa solución de continuidade co emocional. Textos privados que envolverán o lector coas súas continuas referencias a Duchamp, Genet, Tiziano, á literatura, á música e, sempre, á Pintura, con maiúsculas.

https://firedrill.es/

https://firedrill.es/portfolio_page/escritos-de-carlos-alcolea/