rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
SINSAL OUTONO. KING MIDAS SOUND + PRINCE RAMA

SINSAL OUTONO. KING MIDAS SOUND + PRINCE RAMA

Datas: 
30 novembro 2010
Horario: 
21.00
Lugar: 
Salón de actos. Organiza: SINSALaudio, en colaboración co MARCO
Prezo: 
15€


Sobre as costas destes tres rapaces nacidos nunha comuna en Texas entre cantos sagrados pon a revista New Musical Express a responsabilidade de salvar as naves do indie americano. Un paso alén do New Weird America, a proposta de Prince Rama é tan heterodoxa que non caben definicións. Música sagrada, pop étnico, ritmo e baile para facturar un debut sen complexos.

King Midas Sound chegan para aunar en tres simples pasos o dub, o dubstep e o trip-hop, combinando como ninguén a poética escura de Tricky e o soul de Massive Attack co dubstep do novo milenio. O experimento, o logro, vén das mans de Kevin Martin, responsable de The Bug, e un dos pais do dubstep dende as filas tamén do selo Hyperdub; de Roger Robinson, poeta de Trinidad que aporta ao grupo a cadencia do seu flow; e de Hitomi, vocalista de orixe xaponesa cunha voz sensual e unha presencia etérea e maliciosa. O resultado é un dub cavernoso e nocturno que destila humidade e ciencia ficción. King Midas é a segunda vida do dub.