rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
VIKINGLAND. XURXO CHIRRO

VIKINGLAND. XURXO CHIRRO

Datas: 
20 decembro 2013 - 21 decembro 2013
Horario: 
venres e sábado as 19.30
Lugar: 
Patio A1

Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, coa proxección do filme Vikingland, de Xurxo Chirro, premiada en distintos certames e festivais.

Xurxo Chirro

Vikingland

España/2012/99min/Cor

Dobre pase: venres 20 e sábado 21 de decembro, ás 19.30 Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas

Mariñeiros galegos traballan nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt. Un deles merca unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros en innumerables travesías en medio dunha invernía. Documento sobre a emigración galega no Norte de Europa. Transposición de Moby Dick, de Herman Melville. “Nada se pode dar por perdido para a Historia” (W. Benjamin). As imaxes orixinais posúen un alto potencial testemuñal. Recuperáronse para volver a vivir a experiencia esgotadora do traballo duns mariñeiros que se atopan lonxe do seu fogar. Esta posta en valor de imaxes de VHS en tempo da HD pode considerarse como unha provocación. Si. O filme é unha loita para evitar que o tempo siga minando a memoria milagrosamente inserida na fraxilidade dos soportes audiovisuais. Vikingland é unha nova oportunidade para dar conta de algo que todos daban por perdido

Xurxo Chirro

 Licenciado en Historia del Arte por la USC, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), ten traballado para a Axencia Audiovisual Galega e AGADIC, Xunta de Galicia. Crítico de cine, colaborou con varios xornais e revistas. Guionista e director de documentais —

Os señores do vento (2008), 36/75 (2009), 13 Pozas (2009), Cellular Movie (2010), Vikingland (2011)— os seus filmes foron premiados en distintos festivais nacionais e internacionais.

+ INFO sobre o ciclo completo ‘Material Memoria’ no programa de man: dispoñible en taquilla MARCO e para descarga na web http://www.marcovigo.com/content/veraneantes