rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Young-Hae Chang Heavy Industries

[Fundado en 1998 por Young-Hae Chang (Corea) e Marc Voge (EUA); viven e traballan en Seúl, Corea]

Young-Hae Chang Heavy Industries é un colectivo de artistas con base en Corea do Sur, formado por Young-Hae Chang (Corea) e Marc Voge (EUA). O seu traballo en equipo comeza nos anos noventa, nos que fixaron as bases do seu estilo, doadamente recoñecible: textos xeralmente en negro -ás veces en vermello- sobre fondo branco, feitos en animación flash, seguindo todo tipo de ritmos musicais. Os seus traballos relaciónase directamente con Internet, coa esencia da comunicación actual, e prescinden de todo ornamento deconstruíndo o proceso de comunicación e resumíndoo en tres elementos esenciais: tipografía, ritmo e mensaxe. Prácticamente todos os seus proxectos están concibidos para a rede (www.yhchang.com)

Young-Hae Chang Heavy Industries participaron en moitas exposicións colectivas en museos de ámbito internacional, como o Whitney Museum, Nova York; Hiroshima City Museum of Contemporary Art, Hiroshima, e Musée d'Art Moderne de la Ville de París. As súas mostras individuais inclúen o Moderna Museet, Estocolmo ou o New Museum, Nova York, entre outros, e as súas obras forman parte das coleccións do Centre Pompidou en París, ou o Museum Jan Cunen en Holanda. Nestes momentos están a presentar en Beijing, China, a súa exposición 'The Cultural Revolution'.