rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Artfutura 2009: "20 anos, da realidade virtual ás redes sociais"

Artfutura 2009: "20 anos, da realidade virtual ás redes sociais"

Datas: 
29 outubro 2009 - 28 novembro 2009
Horario: 
xoves e venres, de 19.00 a 21.00, sábados, de 17.00 a 21.00
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
1€/día [xoves 29 outubro gratuíto]

Información xeral

O 29 de outubro comeza no MARCO o programa audiovisual de ArtFutura, que neste ano 2009 celebra a súa vixésima edición. Vinte anos de existencia, nos que a evolución de ArtFutura discorreu en paralelo á evolución da cultura dixital e á implantación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos. Dende o soño da Realidade Virtual á explosión de Internet e a presente era das Redes Sociais, o festival foi un espazo de especulación constante sobre o papel da tecnoloxía na sociedade, a cultura e a arte. Dende que, en xaneiro de 1990, ArtFutura presentase a Realidade Virtual por primeira vez en España, o festival foi reinventándose constantemente e introducindo temas como a Realidade Aumentada, as Comunidades Virtuais, Internet como Cyborg, a Arte Colectiva, a Vida Artificial ou a Estética de Datos.

Este especial aniversario ten o seu reflexo nun programa audiovisual moi atractivo, que explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube. Un exemplo é o grupo Improv Everywhere, que conta con máis de 72.000 amigos en Facebook; os seus vídeos foron vistos en YouTube máis de 70 millóns de veces.

Agora, en colaboración con ArtFutura 2009, Improv Everywhere presenta unha ‘misión’ por primeira vez en España, o ‘EXPERIMENTO MP3’, que terá lugar o 29 de outubro en catro cidades simultaneamente: Vigo, Madrid, Barcelona e Murcia.

http://www.marcovigo.com/content/experimento-mp3-vigo

http://www.facebook.com/event.php?eid=176790231809&index=1

2009 Calendario e programas en MARCO

DATAS: do 29 de outubro ao 28 de novembro

LUGAR: salón de actos

HORARIOS:

· xoves e venres, de 19.00 a 21.00

· sábados, de 17.00 a 21.00

NOTA/ AVISO:

  • O xoves 12, venres 13 e sábado 14 de novembro non haberá proxeccións por coincidir con outras programacións da festa aniversario do MARCO

  • O xoves 19 de novembro a sesión comezará ás 17.00 por coincidir co Festival Sinsal

PROMOTOR: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

PRODUCIÓN: ArtFutura

ENTRADA: 1€ / día

CALENDARIO PROXECCIÓNS

Xoves 29 out
19.00 Programa A
Venres 30 out
19.00 Programa B
 Sábado 31 out
17.00 Programa C
19.00 Programa D
Xoves 5 nov
19.00 Programa C
Venres 6 nov
19.00 Programa D
  Sábado 7 nov
17.00 Programa A
19.00 Programa B
Xoves 19 nov
17.00 Programa B
 Venres 20 nov
19.00 Programa A
Sábado 21 nov
17.00 Programa C
19.00 Programa D
Xoves 26 nov
19.00 Programa D
Venres 27 nov
19.00 Programa C
Sábado 28 nov
17.00 Programa A
19.00 Programa B

 

NOTA: o xoves 29 e o sábado 31 de outubro, o público terá ocasión de votar pola súa película favorita de entre todos os traballos que conforman os programas 3DFutura Show e 3D en España, respectivamente. Os traballos que consigan máis votos serán gañadores dos Premios ArtFutura 2009, convocados na edición de cada ano. Os resultados das votacións e nomes dos premiados publicaranse na web de ArtFutura www.artfutura.org, e na web do MARCO www.marcovigo.com.

2009 Información PROGRAMAS

PROGRAMA A

Duración total: 2 horas

3DFutura Show (1 hora)

A edición de 2009 vólvenos traer a selección comisariada dos mellores traballos de 3D producidos nos últimos doce meses. O 3DFutura Show inclúe cada ano dende as pezas máis espectaculares producidas polos grandes estudios, ata as pequenas marabillas creadas por artistas independentes repartidos por todo o mundo.

French Roast - Fabrice O. Joubert

Unbelievable 4 Sukwon Shin - Inpyo Hong

Dix Bif - The Mill

Phase - Yasuhiro Kobari

Peripetics - Zeitguised

The Spine - Chris Landreth

cEvo Teaser - Vortice Studios

La Main des Maitres - Adrien Toupet / Clément Delatre / Looky

As One Makoto Yabuki - Tangram

Roll’n Rock - Nico Casavecchia / Boolab

Pigeon: Impossible - Lucas Martell

Improv Everywhere (1 hora)

Documental coas mellores misións de Improv Everywhere. Incluíndo Frozen Grand Central, No Pants, MP3 Experiment, Best Buy e Human Mirror. Ao longo dos últimos anos, Improv Everywhere converteuse nun referente da nova creatividade asociada ás redes sociais, realizando un total de 85 ‘misións’ que contaron con miles de participantes e unha regra básica: rir, facer agudos comentarios sociais, pasalo ben... pero nunca insultar nin humillar a ninguén.

PROGRAMA B

Duración total: 2 horas

Futura Graphics (1 hora)

Novo programa audiovisual que estrea ArtFutura 2009. Animacións dixitais e máis alá: curtas, virais, videoclips e outras pezas que teñen en común a busca de novas estéticas e linguaxes. Dende producións de estudantes ata encargos a coñecidos estudios, a selección de pezas combina na súa factura técnicas manuais e imaxe real con infografía. Con traballos de Evelin Lohbeck, Adam Berg, Michal Socha, Anton Setola, Tim Kail, Brandon Todd e outros.

Notebook - Evelin Lohbeck

Carousel - Adam Berg

Loquillo. Leyenda Urbana- No Domain

The Royal Nightmare - Alex Budowsky

Ignatus ‘Dans L’herbe’ - Olivier Martín

Chick - Michal Socha

Mei Ling - Stéphanie Lansaque & François Leroy

Jazzed - Anton Setola

Caney Mountain - Tim Kail

Carátulas Xcèntric - Dvein

Digital Kitchen (30 minutos)

Documental sobre o traballo dos famosos estudios Digital Kitchen. Con oficinas en Nova York, O Ánxeles e Seattle, Digital Kitchen son valorados polos seus conceptos innovadores en deseño de webs, publicidade e contidos dixitais. Traballaron para Apple, Nike, HBO... e entre as súas cabeceiras para series están as de ‘Dexter’, ‘Six Feet Under’ e ‘True Blood’.

Reality Bytes (30 minutos)

A animación abre novas maneiras de afrontar o xénero documental. Dende que nos anos cincuenta Faith e John Hubley animasen a conversación non guionizada dos seus fillos, e gañasen un oscar (Moonbird), diversos autores (Nick Park, Peter Lord, Tim Webb...) usaron a animación para expresar subxectivamente a realidade. Este ano Suecia toma o relevo do Reino Unido con autores como Hanna Heilborn e Jonas Odell, que, a diferenza dos seus predecesores, apostan pola animación infográfica nesta frutífera mestura de xéneros. Mostramos os seus máis recentes traballos.

Slavar - Hanna Heilborn & David Aronowitsch

Lobner - Hanna Heilborn & David Aronowitsch

PROGRAMA C

Duración total: 2 horas

PES (30 minutos)

Adam Pesapane (PES), director estadounidense, é para moitos un dos mellores especialistas na técnica ‘stop-motion’. As súas curtas-animacións teñen sido premiadas en múltiples festivais e visionadas millóns de veces en YouTube. ArtFutura presenta unha colección dos seus mellores traballos, incluíndo pezas pouco coñecidas, pero non por iso menos espectaculares.

Chris Landreth (30 minutos)

Considerado o artista máis importante no campo da nova animación dixital, Chris Landreth ten un novo traballo, ‘The Spine’, premiado en Siggraph e Ars Electronica. Este documental inclúe as súas pezas clásicas, ademais de ‘The Spine’.

Bingo - Chris Landreth

Ryan - Chris Landreth

The Spine - Chris Landreth

3D en España (1 hora)

O premio 3D en España é a convocatoria máis relevante no noso país destinada a premiar os mellores traballos de animación 3D e efectos especiais producidos ao longo do último ano por compañías, estudantes e artistas independentes. O programa recolle os traballos finalistas que optan ao premio, decidido polos votos do público asistente.

Tachaaaan! - Rafael Cano / Lolita Peliculitas

Malacara y el Misterio - Inercia Films

Suckers - BRB Internacional

Fácil Fresco y Familiar - Camilo Duarte

Zapping - Avelino Lombardero

Fórmula Sexta - Kotoc

Suckers - BRB Internacional

El pintor de los cielos - Jorge Morais

Suckers - BRB Internacional

Cíclope - Carlos Morett

The Lady and the Reaper - Kandor Graphics / Javier Recio Gracia

PROGRAMA D

Duración total: 2 horas

The Best of the Rest (1 hora)

Obras especialmente seleccionadas das proxeccións dos 20 anos de ArtFutura. Incluíndo traballos moi especiais e pouco vistos de Buzz, Resfest e o ArtFutura Show. O mellor do mellor.

Omnibus Japan - 1

TFX - The Boxer

John Amanatides - Megacycles

Polygon Pictures - Polygon Family Episode 2

Tim Miller / Artisans - Rockfish

Sukwon Shin - Rock the World

Ben Hibon - Codehunters

Alex Whitney - Oblivious

Yugi Kyoshitsu - The Play

Andrew Huang - Doll Face

Sejong Park - Birthday Boy

Aaron Otstott - Run “Today’s Science...”

Dalbiez / Garcette / Leleu - Riba

Blondeau / Deloof / Droulers - Parenthèse

Towa Tei - Technova

PDI - Gas Planet

Cibermedia (30 minutos)

ArtFutura recupera dous programas producidos para as súas edicións de 1991 e 1992: Cibermedia e Mente Global. Unha visión retrospectiva de dúas das súas máis importantes edicións. Coa participación de Laurie Anderson, Mark Pellington (BUZZ), Brad DeGraf, Brenda Laurel, Tom DeFanti, Derrick de Kerckhove e outros.

Mente Global (30 minutos)

ArtFutura recupera dous programas producidos para as súas edicións de 1991 e 1992: Cibermedia e Mente Global. Unha visión retrospectiva de dúas das súas máis importantes edicións. Coa participación de Kevin Kelly (editor de WIRED), Terence McKenna, Sherry Turkle, Rupert Sheldrake, Jim Blashfield e outros.

+ INFO en:

FACEBOOK: http://www.facebook.com/artfutura

TWITTER: http://twitter.com/artfutura

YOUTUBE: http://www.youtube.com/user/ArtFutura2009

VIMEO: http://vimeo.com/artfutura

www.artfutura.org