rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DISIDENTES! Cinema e outras sublevacións cotiás

DISIDENTES! Cinema e outras sublevacións cotiás

Datas: 
25 outubro 2018 - 9 maio 2019
Horario: 
XOVES, de 19.30 a 21.00
Lugar: 
salón de actos


Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: José Manuel López, coa colaboración de relatores convidados
Total número sesións: 23

PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 18 de setembro

Prezo: 190€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pagamento fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

RESUMO / PRESENTACIÓN

“Disidentes!”, así cualificaban os membros da Fronte Popular de Xudea aos da Fronte Xudaica Popular, e era tamén o berro que dirixían ao único membro da Unión Popular de Xudea, sentado unhas bancadas máis abaixo. Esta mítica escena de A vida de Brian (1979) dos Monty Python ilustra graficamente a etimoloxía do dissidere: o acto físico de “sentar á parte”, de “estar separado” e de aí, por extensión, a discrepancia, a resistencia e finalmente, quizais a sublevación. 

A grande ironía deste visionario sketch dos Python é que a disidencia, como calquera outro xesto contracultural, nunca é unitaria ou sistemática e pode conducir á atomización. Ao contrario que o poder, o sistema ou a cultura, que tratan de perpetuarse ata o infinito, a espiral da disidencia tende, finalmente, a esgotarse en si mesma. Pero mentres tanto hai que arder, e arder belamente, pois, como deixou escrito Nietzsche, “Debes estar disposto a consumirte na túa propia chama” para seguir o camiño do creador e poder ser, finalmente, libre.

Neste curso trataremos de unir o xesto cinematográfico co xesto político, pero sen altofalantes nin consignas. Este ano celébranse os cincuenta anos da Revolución Francesa, pero non nos centraremos nesa idea de revolta colectiva que transforma a orde existente, senón nas íntimas insurreccións, nos pequenos xestos contestatarios, nas sublevacións en sordina duns corpos en guerra (non sempre) silenciosa: os privados de liberdade, os individualistas, os migrantes, os tolos, os malditos, os apátridas... Estes son os disidentes, os que sentan á parte; os que cantan o seu desencanto a quen o queira escoitar; os que se apartan e se esfuman, como o Wakefield de Nathaniel Hawthorne; os que se reclúen en si mesmos e no seu cuarto como o estudante de Un home que dorme de George Perec; ou os que prefiren dicir “non”, como o Bartleby de Herman Melville.

Pódese consultar o programa no pdf. de descarga