rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
INAUGURACIÓN MARCO. Visita guiada á exposición pola artista

INAUGURACIÓN MARCO. Visita guiada á exposición pola artista

Datas: 
7 febreiro 2023
Horario: 
19.00

Con motivo da inauguración da exposición de ANDREA COSTAS LAGO “DESAPEGO” queremos convocarvos a una presentación guiada pola propia artista, o vindeiro martes 7 de febreiro ás 19.00h. Só para persoas pertencentes á Agrupación Amiga do MARCO.

O MARCO inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas Lago (Vigo, 1978) que baixo o título Desapego presenta un proxecto que reúne obras dos dous últimos anos: series fotográficas, vídeos, e unha instalación específica na propia sala.

Artista e docente, Andrea Costas Lago desenvolve o seu labor creativo utilizando diversos linguaxes (instalación, vídeo, performance), aínda que é máis coñecida pola súa obra fotográfica. A súa persoal narrativa adoita tratar temas tan cotiáns como universais desde unha perspectiva emocional e psicolóxica. Desapego é resultado dun proceso de investigación e traballo de varios anos: unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte, apartada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich ou a artista Ana Álvarez-Errecalde.